Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/04/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 088 martes, 16 de abril de 2019

BOP de Lugo
SEGUNDA.- ACCESO E PARTICIPACIÓN NAS ACCIÓNS FORMATIVAS
1. Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos no anexo I.
2. Reservarase un 5% do número de prazas para traballadores con discapacidade, en cumprimento co disposto no artigo 11 do Real Decreto 2271/2004, de 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade. Incorpórase como criterio de valoración na participación nos cursos de formación de empregados públicos o estar afectado por unha discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%. A selección efectuarase por separado da quenda xeral, incorporándose a ésta todas as vacantes que queden sen solicitantes.
3. A Sección de Formación poñerase en contacto cos peticionarios, asemade poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando ao teléfono 982 260 065.
4. A non comparecencia ou abandono dun participante admitido a unha acción formativa terá como consecuencia que, durante un ano, non será admitido ás distintas accións formativas convocadas pola Deputación Provincial de Lugo.
TERCEIRA.- CERTIFICACIÓNS
Expedirase certificado de asistencia ou certificado de asistencia e aproveitamento ós alumnos/as que asistan ó curso. É obrigatoria a asistencia a todas as sesións dos cursos presenciais. Unha inasistencia superior ó 15% no cómputo total das horas programadas, imposibilitará a expedición da certificación acreditativa. No caso dos cursos "MODALIDADE EN LIÑA", é obrigatoria a asistencia á sesión presencial, daqueles que así o requiran. Se o alumno non se presentase á sesión presencial será excluído deste.
a
Certificación de asistencia, ou
b Certificación de asistencia con aproveitamento: trala superación das probas pertinentes, as cales, terán carácter voluntario:

CUARTA.- MODIFICACIÓNS
A Deputación Provincial de Lugo, poderá modificar o desenvolvemento e mailos contidos dos cursos co obxecto de adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
Lugo, 12 de abril de 2019.- O Presidente: Darío Campos Conde. A Secretaria: María Esther Álvarez Martínez.
BASES XERAIS
ANEXO I
CARACTERÍSTICAS E CONTIDOS ESPECÍFICOS
Código A. F.: 01.09.01.19
Denominación: CONTROL FINANCEIRO NAS ENTIDADES LOCAIS. PLANIFICACIÓN ANUAL E ELABORACIÓN DA
MEMORIA E PROGRAMA DE TRABALLO AUDITORA
Destinatarios: Funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter estatal e empregados da Administración Local da provincia de Lugo que realice tarefas de apoio nas áreas de intervención, contabilidade, económico-financeira, etc.
Participantes: 30
Horas: 5
Datas celebración: 13 de maio de 2019
OBXECTIVOS:
Adquirir coñecementos sobre a trazabilidade do control interno: planificación, plan anual, elaboración de riscos e memoria e programa de auditoría pública PROGRAMA:
-

Control financeiro. Introdución e conceptos básicos
-

Planificación do control financeiro. Contido do plan anual e elaboración atendendo aos riscos da entidade
-

Elaboración da memoria e programa de traballo dunha auditoría pública. Exemplo: control financeiro permanente dos gastos correntes
Anuncio publicado en: Num BOP 88 año 2019 15/04/2019 14:58:16
16/04/2019 08:00:00

En calquera dos supostos só se expedirá unha única Certificación.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/04/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha16/04/2019

Nro. de páginas38

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930