Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/04/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 23 DE ABRIL DE 2019

N.º 092

CONCELLOS
FOZ
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de 3 de abril de 2019, apróbase a Convocatoria e as Bases Específicas para a selección de persoal temporal dun Animador Turístico e creación dunha listaxe de emprego temporal PROGRAMA: FOMENTO DE EMPREGO 2018
CONVOCATORIA
O obxecto desta convocatoria é proceder á provisión, con carácter provisional, do seguinte emprego no Concello de Alfoz.
Denominación e características obxecto da convocatoria do emprego de Animador turístico:
Nº empregos: 1.

-

Denominación: Animador turístico Programa Fomento de Emprego 2018

-

Réxime Xurídico: Funcionario interino art. 10.1.c/ EBEP.

-

Clasificación: Grupo C Subgrupo C2.

-

Duración vínculo de servizo: 4 meses desde a formalización do contrato e cun límite temporal do 30/09/2019.

-

Duración xornada: Media xornada 50%

Listaxe de emprego temporal para a praza de Animador Turístico -

Modalidade da listaxe: Específica
O extracto da convocatoria e as bases específicas publicarase no Boletín Oficial da Provincia BOP, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web www.concellodealfoz.com.
Prazo de presentación: Será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no BOP.
Lugar de presentación: Será no Rexistro Xeral do Concello ou a través das formas establecidas na vixente Lei do Procedemento Administrativo Común.
BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DUN EMPREGO:
ANIMADOR TURÍSTICO, COMO FUNCIONARIO INTERINO ART. 10.1.C/ EBEP, A TRAVÉS DO SISTEMA DE
CONCURSO-OPOSICIÓN, PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE ALFOZ PROGRAMA: FOMENTO DO
EMPREGO 2018 E CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL.
1. OBXECTO.
Constitúe o obxecto das presentes bases específicas, que complementan as bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal para prestar servizos no concello de Alfoz publicadas no BOP de Lugo de data 23 de novembro de 2017, a regulación do procedemento de selección mediante sistema de concursooposición do posto de ANIMADOR TURÍSTICO a xornada parcial 50% ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego 2018 de conformidade co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2018, publicado no BOP
de Lugo de data 3 de marzo de 2018.
2. DENOMINACIÓN DO EMPREGO E CARÁCTERÍSTICAS:
- DENOMINACIÓN: Animador turístico.
- Grupo/subgrupo Profesional: C/C2.
- Réxime Xurídico: Funcionarial funcionario interino do artigo 10.1.c/ execución de programas de carácter temporal do RDL 5/2015, do 30 de outubro, Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

Anuncio publicado en: Num BOP 92 año 2019 22/04/2019 13:51:37
23/04/2019 08:00:00

-

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/04/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha23/04/2019

Nro. de páginas8

Nro. de ediciones3288

Primera edición01/03/2013

Ultima edición27/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930