Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/04/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 088 martes, 16 de abril de 2019

BOP de Lugo
Samuel Regal Pino solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.65213.
As obras solicitadas consisten na demolición de vivenda unifamiliar illada na finca de referencia catastral D03000100PJ12F, na zona de policía dun rego innominado afluente do río Landro, no lugar do Pouso, na parroquia de Miñotos, no concello de Ourol Lugo.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Ourol ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 09 de abril de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 1061

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
GABINETE DE FORMACIÓN
Anuncio
A Sección de Formación dentro do Plan Agrupado de Formación continua para o ano 2019, vista proposta do Servizo de Intervención da Deputación de Lugo recollida no informe de análise de necesidades de formación para o plan de formación do 2019 según Resolución da Escola Galega de Administración Pública EGAP, mediante Resolución do 26 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2019, no marco do acordo de formación para o emprego das administracións públicas, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 50, do 12 de marzo de 2019. A Deputación de Lugo concorre a ésta presentando un conxunto de accións formativas de formación continua para o 2019, aprobado na Mesa Provincial de Formación en reunión mantida o 03-04-2019, e por conseguinte propón a convocatoria para a súa realización da seguinte acción formativa:
-

CONTROL FINANCEIRO NAS ENTIDADES LOCAIS. PLANIFICACIÓN ANUAL E ELABORACIÓN DA MEMORIA
E PROGRAMA DE TRABALLO AUDITORA

Ordenar a publicación da súa convocatoria, bases e anexos no BOP.
As características e contidos específicos deste curso detállase no anexo I e desenvolverase de acordo coas seguintes:
BASES XERAIS
PRIMEIRA.- SOLICITUDES
1. O persoal que desexe participar neste curso presentará cuberta, en todos os epígrafes que corresponda, a instancia segundo o modelo oficial publicado no BOP. Todos os campos son de obrigatoria cumprimentación. No caso dos cursos que teñan lugar dentro do horario laboral é obrigatoria a sinatura do superior xerárquico, alcalde ou presidente así como o selo da entidade.
2. A falsidade ou ocultación dos datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.
3. O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 3 DE MAIO DE 2019 ÁS 13:00 H. Todas aquelas instancias presentadas fora de prazo serán excluídas. Naquelas accións formativas que, unha vez finalizado o prazo, non se cubriran as prazas ofertadas, manterase aberto ata completarse estas, quedando pechado o devandito prazo cinco días hábiles antes do comezo do curso.
4. A dita documentación dirixirase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Sección de Formación, por:
-

Presentación directa: No Rexistro Xeral da Deputación de Lugo.

-

Correo postal: Rúa San Marcos, 8 - 27001 Lugo.

-

Correo electrónico: formacion@deputacionlugo.org
-

E demáis lugares de conformidade co artigo. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Anuncio publicado en: Num BOP 88 año 2019 15/04/2019 14:58:16
16/04/2019 08:00:00

CONVOCATORIA CURSO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA O
ANO 2019

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/04/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha16/04/2019

Nro. de páginas38

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930