Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/04/2019

Versión en texto ¿Qué es?*Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 6 DE ABRIL DE 2019

N.º 080

CONCELLOS
BURELA
Anuncio EXPEDIENTES 559/2019 E 560/2019. ANUNCIO EXPOSICIÓN O PÚBLICO E COBRANZA S.A.F. FEBREIRO 2019.

Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes teñen domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. Fíxase o período voluntario de cobramento dende o día 25 de abril de 2019 ata o día 25 de xuño de 2019, ambos os dous inclusive.
A presente publicación, nos dous supostos, de anuncio de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
Burela, 27 de marzo de 2019.- O Alcalde, Alfredo Llano García.
R. 0920

O CORGO
Anuncio Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 29 de marzo de 2019, o orzamento municipal e o cadro de persoal para o exercicio 2019, así como a relación de postos de traballo municipal, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, así como do artigo 202.2 da Lei 2/2015, de 29
de abril, do emprego público de Galicia, exponse ao público na Secretaría deste Concello, por un prazo de quince días hábiles, no caso do orzamento e do cadro de persoal, e de 20 días, no caso da relación de postos de traballo, co fin de que durante este prazo que se contará a partir do seguinte ao da inserción do Edicto no Boletín Oficial da Provincia poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, que se deberán dirixir ao alcalde-presidente do Concello.
O Corgo, 29 de marzo de 2019.- O alcalde, José Antonio Ferreiro González.
R. 0921

Anuncio publicado en: Num BOP 80 año 2019 05/04/2019 13:52:56
06/04/2019 08:00:00

A Xunta de Goberno Local do Concello de Burela en sesión celebrada o día 20 de marzo de 2019, prestou aprobación inicial ao Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente ao mes de febreiro de 2019 a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar por importe de 7.255,23 €, correspondendo 1.290,00 € a libre concorrencia e 5.965,23 € a dependencia. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/04/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha06/04/2019

Nro. de páginas8

Nro. de ediciones3263

Primera edición01/03/2013

Ultima edición27/03/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930