Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/04/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 13 DE ABRIL DE 2019

N.º 086

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SUBÁREA DE CULTURA, PATRIMONIO HISTÓRICO E ARTÍSTICO, ARTESANÍA E DESEÑO
CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO
Anuncio BASES DA CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE
SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS E ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO, DA
PROVINCIA DE LUGO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA ARTESANÍA NA
ANUALIDADE 2019.
1.-DEFINICIÓN DO OBXECTO DA SUBVENCIÓN

Considéranse actividades artesanais as recollidas na ORDE do 12 de abril de 2017 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía Diario Oficial de Galicia número 79, do 25 de abril de 2017, ou no seu caso na normativa que a derrogue e/ou substitúa.
En consecuencia, as accións e actividades subvencionables serán os cursos e eventos de actividades recollidas na referida Orde, de acordo coas Divisións e denominacións reflectidas na citada orde.
As accións a subvencionar serán:
Liña a Cursos de disciplinas artesanais.
Liña b Organización e desenvolvemento de eventos de promoción e difusión da artesanía.
As dúas accións indicadas deberán cinxirse ás actividades artesanais e disciplinas recollidas na ORDE do 12 de abril de 2017 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía Diario Oficial de Galicia número 79, do 25 de abril de 2017, ou no seu caso na normativa que a derrogue e/ou substitúa.
Ademais teranse en conta as seguintes consideracións:
Non se subvencionarán:
Aqueles proxectos que se leven a cabo fóra do ámbito territorial da provincia Lugo nos que os beneficiarios non formen parte do conxunto demográfico lucense, aínda que estean integrados nunha programación global e organizados por unha asociación que teña a súa sede social na provincia de Lugo.
Aqueles proxectos de carácter deportivo, relixioso, político, militar een xeral que sexan corporativos restritivos, xa que o seu fin non é a promoción dos recursos e manifestacións culturais para a poboación en xeral, senón unicamente entre o colectivo dos seus socios e das súas familias dado que non se trata de asociacións ou colectivos abertas á poboación xeral, senón a membros, familiares e persoas xurídicas vinculadas a un colectivo concreto.
De acordo coa lexislación vixente en materia de igualdade entre homes e mulleres e de protección contra a violencia de xénero, non se subvencionarán aquelas actividades e actuacións que inclúan - tácita ou implicitamente -contidos ou publicidade sexista e que se poidan considerar discriminatorias, vexatorias ou que xustifiquen, banalicen ou inciten á desigualdade de xéneros ou á violencia de xénero.
Calquera actuación, consecuencia da actividade subvencionada, que supoña discriminación por razóns de xénero, raza, relixión, nacemento, opinión ou outras circunstancias persoais ou sociais, protexidas pola nosa Constitución, poderá traer consigo a suspensión da subvención concedida e a súa revogación e reintegro no seu caso.
As demostracións artesanais realizadas en eventos, ao existir un programa específico para ese fin dende o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo.

Anuncio publicado en: Num BOP 86 año 2019 12/04/2019 11:23:08
13/04/2019 08:00:00

Constitúe o obxecto destas bases a ordenación do procedemento de concesión de subvencións no 2019 do Centrad da Subárea de Cultura da Deputación de Lugo, destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro da provincia de Lugo para a realización e desenvolvemento de cursos e eventos no campo da artesanía.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/04/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha13/04/2019

Nro. de páginas22

Nro. de ediciones3284

Primera edición01/03/2013

Ultima edición23/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930