Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/04/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 11 DE ABRIL DE 2019

N.º 084

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. AUGAS
DE GALICIA
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Ángel Fonte Palmeiro solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.60277.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Foz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 03 de abril de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 0979

CONCELLOS
O CORGO
Anuncio CORRECCIÓN DE ERROS NA CONVOCATORIA PARA CUBRIR, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, SEIS
PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR DE PERSOAL LABORAL DESTE CONCELLO E APERTURA DE
NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.
Por Resolución da Alcaldía do 29 de novembro de 2018 aprobáronse as bases para cubrir, mediante concursooposición, seis prazas de auxiliar de axuda no fogar de personal laboral deste Concello.
As citadas bases publicáronse no BOP de Lugo nº 281, do 10 de decembro de 2018, abríndose prazo de presentación de instancias, aprobándose as listas provisorias e definitiva de admitidos e excluidos e procedéndose ao nomeamento e constitución do tribunal cualificador, quen acordou fixar como data do primeiro exercicio o día 23 de abril. Todos estes actos foron publicados na forma prevista nas bases.
Con posterioridade detectouse que a base oitava, referente ao sistema de selección e cualificación dos exercicios, concretamente o apartado b, referente á fase de concurso, é incorrecta.
O Art. 56.3 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que o concurso-oposición consiste na superación das probas correspondentes, ás cales será aplicable o previsto na alínea anterior, así como na posesión previa, debidamente valorada, de determinadas condicións de formación, méritos ou niveis de experiencia.
A valoración das devanditas condicións de formación, méritos ou niveis de experiencia non supoñerá máis dun corenta por cento da puntuación máxima alcanzable no proceso selectivo. Co fin de asegurar a debida idoneidade das persoas aspirantes, estas deberán superar na fase de oposición a puntuación mínima establecida para as respectivas probas selectivas.
Na base citada, ao outorgar as distintas puntuacións aos méritos a valorar, por erro, non se respectou este límite do 40 % da puntuación máxima alcanzable no proceso selectivo.

Anuncio publicado en: Num BOP 84 año 2019 10/04/2019 11:21:48
11/04/2019 08:00:00

As obras solicitadas consisten na autorización e legalización de varias construcións e peches no predio coa referencia catastral 27019C006017310001JM; na zona de policía de dous regos innominados; no lugar de Vilatuíxe, na parroquia de Santa Cilla do Valadouro, no concello de Foz Lugo.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/04/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha11/04/2019

Nro. de páginas24

Nro. de ediciones3287

Primera edición01/03/2013

Ultima edición26/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930