Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/04/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 082 martes, 9 de abril de 2019

BOP de Lugo
3. Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
4. Non acharse comprendido en ningunha das causas de incompatibilidade ou incapacidade establecidas na lexislación vixente para o persoal ao servizo das Administracións Públicas.
5. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha das Administracións Públicas nin acharse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Os aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á Función Pública.
6. Estar en posesión do Título de Graduado ESO, graduado escolar, formación profesional de primeiro grado ou equivalente, con arranxo á lexislación vixente. En todo caso, a equivalencia ou homologación de titulacións deberá ser achegada polo aspirante, mediante certificación expedida para o efecto, polo organismo oficial competente.
7. Certificado que acredite que non se teñen antecedentes penais por delitos dolosos.
8. Estar en posesión do permiso de conducir da clase C
9. Reunir as condicións físicas necesarias para a prestación do servizo e non encontrarse en ningún dos supostos de exclusión médica definidos para o posto de bombeiro-condutor.
Todos os requisitos esixidos deberán reunirse o día en que finalice o prazo de presentación de instancias e manterse durante toda a duración do proceso selectivo. Así mesmo, deberán posuírse durante o procedemento de selección ata o momento do nomeamento e deberán acreditarse formalmente con carácter previo.
6.- SISTEMA SELECTIVO
O sistema selectivo será o de concurso libre.

Os interesados presentarán a solicitude de inscrición segundo o modelo que se adxunta ás presentes Bases como Anexo, que estará a disposición dos interesados no Rexistro Xeral de Consorcio e na páxina web do consorcio: https salvamentolugo.org 1Lugar e prazo de presentación de solicitudes:
Presentaranse no Rexistro Xeral do Consorcio Praza de san Marcos, 8 Lugo ou a través das fórmulas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, reguladora do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de sete días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Se a solicitude non se presenta no Rexistro do Consorcio, deberá poñelo en coñecemento da Entidade mediante correo electrónico consorcio.incendios@deputacionlugo.org ou fax 982260268 antes de rematar o prazo de presentación de solicitudes.
2 Documentación. Á instancia acompañarase da seguinte documentación:
Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos da nacionalidade do aspirante: DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo da nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
Declaración responsable de reunir os requisitos esixidos na convocatoria Méritos alegables, ós que debe acompañarse a seguinte documentación:
a EXPERIENCIA PROFESIONAL:
1. Experiencia profesional como bombeiro na Administración Pública:
Certificado de prestación de servizos na Administración correspondente, no posto de bombeiro, onde figure o tempo de prestación de servizos neste posto de traballo acompañada de vida laboral actualizada expedida pola Tesourería Xeral de Seguridade Social 2. Experiencia profesional como bombeiro en empresas privadas concesionarias do servizo de extinción de incendios e salvamento ó Servizo das Administracións Públicas:
Contrato de traballo, nóminas, certificado de empresa ou calquera outro documento expedido pola empresa que permita acreditar que o posto de traballo desempeñado foi o de bombeiro, acompañado de vida laboral actualizada expedida pola Tesourería Xeral de Seguridade Social 3. Experiencia profesional como persoal de extinción de incendios e salvamento dos servizos de extinción de incendios e salvamento de Galicia.

Anuncio publicado en: Num BOP 82 año 2019 08/04/2019 11:48:32
09/04/2019 08:00:00

7.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/04/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha09/04/2019

Nro. de páginas24

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930