Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/04/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 082 martes, 9 de abril de 2019

BOP de Lugo
6. Manterse no posto ou lugar asignado ata nova orde ou a finalización dos seus labores, neste caso informará o seu superior sobre os resultados do seu traballo. Excepto nos casos de forza maior en que vexa en perigo a súa integridade física ou a de terceiros.

7. Cumprir na súa xornada de traballo as actividades, de conformidade co plan de ocupación acordado para o efecto.

8. Manter a destreza e habilidades necesarias para o adecuado manexo do material, observando as normas de seguridade específicas para cada útil ou ferramenta.

9. Responsabilizarse do equipo que forma a dotación de material persoal ou do vehículo asignado, coñecendo a disposición do mesmo e realizando as revisións pertinentes á substitución do servizo de acordo coa seguinte sistemática:

a. Verificarase a existencia de todo o material habitual no vehículo e a súa localización adecuada b. Comprobará o funcionamento e a necesidade de consumibles necesarios para o seu uso prolongado.
c. Realizarase a limpeza do material e vehículo naqueles casos que proceda.
d. Informarase o superior das situacións de anomalía, deterioración ou gasto que se observen. Despois de cada actuación repoñerase inmediatamente o material danado e os consumibles utilizados durante a mesma.
Igualmente limparase e acondicionaranse nos casos que procedan.
De todas estas accións darase debida conta ao superior inmediato.

10. Realizar calquera tipo de actividade que se programe dentro da actividade propia dos Parques visitas institucionais, visitas de colexios ou funcións de representación.

11. Manexar o vehículo durante a prestación de servizos, así como os elementos mecánicos mantendo en 12. Realizar o mantemento básico dos vehículos, de acordo co programa de mantemento de instrucións fixadas para cada vehículo, dentro das correspondentes á súa categoría.

13. Realizar os labores necesarios para
o rescate e avaliación de os accidentados en calquera intervención, tanto en apoio dos servizos sanitarios presentes no lugar como en ausencia destes.

14. Limpeza de cocheiras e lugares destinados a almacenaxes.
15. Realizar os labores propios de intervención, rescate ou auxilio en función da emerxencia tratada.
16. O mantemento básico, limpeza e conservación do equipo ao seu cargo ou na súa quenda.
17. Mantemento básico da orde e limpeza das instalacións do parque.
18. Exclúense expresamente os labores de coidado da contorna e instalacións e as funcións propias do persoal de limpeza e mantemento.

19. Cumprir as directrices marcadas polo Xefe/a de Quenda..
20. Cubrir estadillos ou outros mecanismos de control.
21. Calquera outra tarefa que sexa necesaria para a prestación do servizo de emerxencia, e ordenada polo seu superior xerárquico e que non supoña unha violación da relación contractual.

Este persoal do servizo, cando non actúen en emerxencias, realizará as tarefas encomendadas de mantemento preventivo, predictivo e correctivo programadas, probas funcionais de equipos e preparación destes, seguindo as indicacións dos respectivos fabricantes para garantir un funcionamento óptimo.
Igualmente participarán nos programas de adestramento conxuntos que se programen con outros servizos de emerxencias dentro da súa xornada laboral.
5.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Para poder tomar parte no presente proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos art.
56 TREBEP:
1. Posuír a nacionalidade española ou a dalgúns dos Estados membros da Unión Europea, de conformidade co disposto nos artigos 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. Así mesmo, poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.
2. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

Anuncio publicado en: Num BOP 82 año 2019 08/04/2019 11:48:32
09/04/2019 08:00:00

todo momento as prescricións de seguridade e as normas de circulación e utilización

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/04/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha09/04/2019

Nro. de páginas24

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930