Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/12/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 289 mércores, 19 de decembro de 2018

BOP de Lugo
Onde di:
BASES ESPECÍFICAS PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ASESOR/A XURÍDICO/A
DIRECTOR/A DO CENTRO MUNICIPAL DE INFORMACIÓN Á MULLER CIM, COMO FUNCIONARIO INTERINO, CONSTITUINDO UNHA LISTAXE DE ASPIRANTES, Debe dicir:
BASES ESPECÍFICAS PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ASESOR/A XURÍDICO/A
DIRECTOR/A DO CENTRO MUNICIPAL DE INFORMACIÓN Á MULLER CIM, COMO PERSONAL LABORAL
TEMPORAL, CONSTITUINDO UNHA LISTAXE DE ASPIRANTES.
SEGUNDO.- Publica-la presente corrección no taboleiro de edictos dixital co Concello de Sarria, no portal de transparencia, páxina web e BOP.
Asi o mandou e asina a Sra. Alcaldesa, de que certifico.
R. 3609

MINISTERIO DE FACENDA E FUNCIÓN PÚBLICA
BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS BDNS XOVE
Anuncio EXTRACTO DA RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Nº 2018-0770 POLA QUE SE APROBA A CONVOCATORIA DAS AXUDAS
DE EMERXENCIA SOCIAL PARA 2019

EXTRACTO DA RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Nº 2018-0770 DO 11 DE DECEMBRO DE 2018 POLA QUE SE APROBA A
CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA E TRAMITACIÓN ANTICIPADA DAS AXUDAS
DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE XOVE PARA O EXERCICIO 2019
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b y 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións http www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index:
Primeiro. Beneficiarios.
Poderán solicitar unha axuda de emerxencia social, para sí ou para a unidade familiar, as persoas maiores de idade empadroadas e con residencia efectiva no Concello de Xove cunha antelación de seis meses ao feito causante da solicitude. Excepcionalmente, mediante informe social valorativo, poderán ser beneficiarios destas axudas aquelas persoas empadroadas e con residencia en Xove que se atopen nunha situación de urxencia social, aínda cando non cumpran o periodo mínimo de empadroamento establecido.
Na unidade familiar tan só unha persoa pode ter a condición de beneficiario, aínda que a axuda se outorgue en beneficio da unidade.
A estes efectos, enténdese por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e, no seu caso, os fillos e fillas menores de 18 anos, con excepción dos que, con consentimento dos pais vivan independentes destes, e os fillos maiores de 18 anos cunha minusvalía superior ao 33% e os incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada ou os así declarados pola administración autonómica. Nos casos de separación legal ou cando non existira vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai ou nai e tódolos fillos e fillas que convivan con un ou outro e reúnan os requisitos descritos no parágrafo anterior.
Segundo. Obxecto 1.- Constitúe obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento de axudas de emerxencia social, consideradas tales como as prestacións económicas de carácter non periódico destinadas a aquelas persoas cuxos recursos resultan insuficientes para facer fronte a gastos específicos de carácter ordinario ou extraordinario necesarios para previr, evitar ou paliar situacións de marxinación social.
2.- Están dirixidas a persoas individuais ou unidades familiares que carezan de medios e nas que concorran factores de risco, constituíndo en todo caso, un apoio á intervención social que se xestione para a integración das persoas ou unidades afectadas.
3.- As axudas de emerxencia social terán en todo caso natureza finalista, debendo destinarse únicamente ao obxecto para o que foron concedidas.
4.- Terán carácter intransferible e polo tanto non poderán:
a Ofrecerse en garantía de obrigas
Anuncio publicado en: Num BOP 289 año 2018 19/12/2018
18/12/2018 08:00:00
10:38:57

BDNS Identif.: 428344

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/12/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha19/12/2018

Nro. de páginas13

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Diciembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031