Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/12/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 11 DE DECEMBRO DE 2018

N.º 282

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E
MINAS
Anuncio Resolución do 26 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de novembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro e a prevalencia sobre un aproveitamento forestal do parque eólico Sasdónigas Fase II, emprazado nos concellos de Mondoñedo e de Abadín Lugo e promovido por Norvento Estelo, SLU LU-11/125-EOL.

Santiago de Compostela.- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces.
ANEXO
Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de novembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro e a prevalencia sobre un aproveitamento forestal do parque eólico Sasdónigas Fase II, emprazado nos concellos de Mondoñedo e de Abadín Lugo e promovido por Norvento Estelo, SLU LU-11/125-EOL.
Examinado o expediente iniciado por solicitude de Norvento, SL, e promovido actualmente por Norvento Estelo, SLU, en relación coa declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Sasdónigas Fase II en adiante o parque eólico, constan os seguintes ANTECEDENTES DE FEITO
Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia DOG nº 248, do 28 de decembro, admitiuse a trámite o parque eólico Sasdónigas Fase II, cunha potencia de 9 MW e promovido por Norvento, SL en adiante o promotor.
Segundo. O 30.12.2010, o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a inclusión no réxime especial e a declaración de utilidade pública, en concreto, para o parque eólico.
Posteriormente, o 22.02.2011, o promotor solicitou a aprobación do proxecto sectorial do parque eólico.
Terceiro. Por Resolución do 15 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo en adiante, a xefatura territorial, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción, declaración de utilidade pública, en concreto, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do parque eólico.
A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 06.02.2012, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 19.01.2012 e no xornal La Voz de Galicia do 20.01.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados Mondoñedo e Abadín, da xefatura territorial, e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.
A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública, recollidas no punto 1 do Anexo deste acordo:
- Existencia de erros na Relación de Bens e Dereitos Afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das fincas afectadas e cos tipos de cultivos.

Anuncio publicado en: Num BOP 282 año 2018 11/12/2018
10/12/2018 08:00:00
11:05:07

En cumprimento do disposto no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de novembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro e a prevalencia sobre un aproveitamento forestal do parque eólico Sasdónigas Fase II, emprazado nos concellos de Mondoñedo e de Abadín Lugo e promovido por Norvento Estelo, SLU LU-11/125-EOL.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/12/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha11/12/2018

Nro. de páginas21

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Diciembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031