Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/12/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 26 DE DECEMBRO DE 2018

N.º 294

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 23 de novembro de 2018 da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctricaLMT 30 kV evacuación PE de Cadeira nos concellos de Riotorto, Lourenzá, Mondoñedo e A Pastoriza. Expediente IN408A/2017/36

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013 do 26 de decembro do Sector Eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como Anexo á presente resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios dos concellos de Riotorto, Lourenzá e Mondoñedo deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 19 de xullo de 2018 e no Diario Oficial de Galicia do 20 de xullo de 2018, para que comparezan o día 17, 18 e 21 de xaneiro de 2019 nos concellos sinaladoscomo punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.
Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios dos concellos de Riotorto, Lourenzá e Mondoñedo estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta art. 52.3
da Lei de expropiación forzosa.
Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial Rolda da Muralla 70, Lugo ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, BOE núm. 236, de 2 de outubro cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar sen prexuízo da correspondente publicación no BOE e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 23 de novembro de 2018.- A xefa territorial, P.A.Decreto 135/2017, do 28 de decembro, Patricia Dans Grela, Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica
Anuncio publicado en: Num BOP 294 año 2018 26/12/2018
21/12/2018 08:00:00
14:44:49

Con data 28 de setembro de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución, pola que se outorgan á empresa Norvento Eólica, S.L.U. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada LMT 30 kV evacuación PE Cadeira, nos concellos de Riotorto, Lourenzá, Mondoñedo e A Pastoriza.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/12/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha26/12/2018

Nro. de páginas28

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Diciembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031