Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/12/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 28 DE DECEMBRO DE 2018

N.º 296

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO. UNIDADE DE OBRAS E PLANS
Anuncio INFORMACION PÚBLICA
Conforme ao disposto no art. 32.4 do R.D.L. 781/1986 do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, sométense a información pública por espazo de 10
días hábiles contados a partir do seguinte á publicación no B.O.P. deste anuncio, as modificacións aprobadas nos Plenos de 25 de setembro, 30 de outubro, 21 decembro de 2018 e Xunta de Goberno de data 19 de outubro de 2018 dos Concellos de Castro de Rei, Quiroga,O Saviñao, Mondoñedo e O Corgo respectivamente do PLAN
ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2018.
Lugo, 21 de decembro de 2018 O PRESIDENTE, Darío Campos Conde. P.D. Decreto nº 0402 de 24 de febrero de 2017 .O DEPUTADO PROVINCIAL, Pablo Rivera Capón. A SECRETARIA XERAL, María Esther Alvarez Martínez.

SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS
Anuncio OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2018
Por Resolución da Presidencia de data 24 de decembro de 2018, aprobouse a Oferta de Emprego Público da Deputación Provincial de Lugo correspondente ao ano 2018 e os criterios que rexerán nela co seguinte contido:
Tras ver a proposta do deputado delegado da Subárea de Goberno Interior, Asuntos Xerais de Formación, a teor do seguinte texto:
1.- ANTECEDENTES
Os artigos 91 da Lei 7/1985, de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local L.R.B.R.L., 233 da Lei de Administración Local de Galicia e 128.1 do Real Decreto Lexislativo 781/86, establecen que as Entidades Locais aprobarán e publicarán, dentro do prazo dun mes desde a aprobación do Orzamento, a Oferta de Emprego Público OEP de conformidade cos criterios fixados pola normativa básica estatal.
O artigo 34.1. g da Lei 7/1985, de 2 de abril RBRL, sinala que lle corresponde ao Presidente da Deputación aprobar a Oferta de Emprego Público de acordo co Orzamento e o Cadro de Persoal aprobados polo Pleno.
O Orzamento desta Deputación Provincial foi aprobado inicialmente polo Pleno en sesión celebrada o 21 de decembro do 2017, quedando aprobado definitivamente, despois da súa publicación regulamentaria BOP nº 015, de 19 de xaneiro do 2018, e a través daquel, os Cadros de Persoal funcionario e laboral desta Entidade, no que constan, entre outros contidos, as prazas vacantes dotadas orzamentariamente que se inclúen na Oferta de Emprego para 2018.
2.- NORMATIVA ESPECÍFICA REGULADORA DAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO:
O artigo 70 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público EBEP, establece:
Oferta de Emprego Público.
1. As necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deban proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso serán obxecto da Oferta de Emprego Público, ou a través doutro instrumento similar de xestión da provisión das necesidades de persoal, o que comportará a obriga de convocar os correspondentes procesos selectivos para as prazas comprometidas e ate un 10 % adicional, fixando o prazo máximo para a convocatoria destes. En todo caso, a execución da Oferta de Emprego Público ou instrumento similar deberá desenvolverse dentro do prazo improrrogable de tres anos.

Anuncio publicado en: Num BOP 296 año 2018 28/12/2018
27/12/2018 08:00:00
14:39:44

R. 3706

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/12/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha28/12/2018

Nro. de páginas29

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Diciembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031