Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/12/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 4 DE DECEMBRO DE 2018

N.º 278

CONCELLOS
A FONSAGRADA
Anuncio Elevado a definitivo, por non presentarse reclamacións, o acordo Plenario adoptado na sesión ordinaria de seis de setembro de dous mil dezaoito de aprobación inicial do Regulamento do Control Interno na súa modalidade de fiscalización e intervención previa limitada do Concello de A Fonsagrada, faise público en cumprimento do disposto no arti.49 da Lei 7/19852 reguladora das Bases de Réxime Local:
REGULAMENTO DO CONTROL INTERNO NA SÚA MODALIDADE DE FISCALIZACIÓN E INTERVENCIÓN PREVIA
LIMITADA DO CONCELLO DE A FONSAGRADA

O Real decreto 424/2017, do 28 de abril, polo que se regula o réxime xurídico do control interno nas entidades do sector público local, regula con carácter xeral os procedementos de control e metodoloxía de aplicación, co fin de, entre outros obxectivos, lograr un control económico-orzamentario máis rigoroso e reforzar o papel da función interventora nas entidades locais.
O Real decreto 424 limítase a establecer os estándares mínimos do réxime de control, polo que corresponde ás distintas corporacións adaptar á súa realidade os distintos instrumentos que se prevén, en función dos riscos e dos medios dispoñibles.
No título V do texto desenvólvese un réxime de control simplificado de aplicación potestativa para aqueles municipios que contan cunha menor dimensión na súa actividade económico-financeira e que poderían encontrarse, en principio, en peores condicións para asumir o réxime de control xeral.
Por tanto, considérase conveniente adaptar un réxime de control ás necesidades reais das entidades locais de máis pequena dimensión debido, fundamentalmente, á falta de medios persoais e materiais.
O réxime de control simplificado consistirá principalmente no exercicio da función interventora, e será razoable na súa modalidade de fiscalización previa limitada, ben que en última instancia corresponderá ao Pleno adoptar os acordos oportunos conforme o artigo 219.2 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
Polo exposto, o control interno simplificado supón que os entes locais acollidos a este réxime exercerán a función interventora, nos termos recollidos nos artigos 214 e 219 do TRLRFL e no título II do RD 424/2017.
TÍTULO I. OBXECTO
Artigo 1.- Obxecto O obxecto do presente Regulamento é determinar as normas de realización do procedemento de fiscalización limitada previa de requisitos básicos de todo gasto e ingreso do Concello de A Fonsagrada , así como a regulación da fiscalización plena posterior, para que estes dous tipos de fiscalización exérzanse ordenadamente, baixo os principios de racionalidade e celeridade, ao obxecto de que a intervención municipal desempeñe a súa función dunha forma adecuada, e poida facilitar aos órganos de goberno municipais, unha información precisa, garantindo que os acordos se adoptan de conformidade coa normativa legal.
TÍTULO II. FISCALIZACIÓN PREVIA LIMITADA
CAPÍTULO I. INGRESOS
Artigo 2. Ingresos correntes A fiscalización previa de todos os ingresos correntes realizarase mediante a toma de razón en contabilidade.
Artigo 3. Ingresos de capital A fiscalización previa de todos os ingresos de capital da Corporación realizarase mediante a comprobación dos seguintes extremos:
a Toma de razón en contabilidade.

Anuncio publicado en: Num BOP 278 año 2018 04/12/2018 08:00:00
07:59:03

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/12/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha04/12/2018

Nro. de páginas100

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Diciembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031