Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/12/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 31 DE DECEMBRO DE 2018

N.º 298

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR DE LUGO. SERVIZO DE
TRABALLO E ECONOMIA SOCIAL
Anuncio CONVENIOS COLECTIVOS
Visto o texto do Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Vilalba Código 27100260012018, asinado o día 20 de novembro de 2018, pola representación do concello e polos representantes dos traballadores, como membros da comisión negociadora, aprobado polo pleno municipal en data 4 de decembro de 2018, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo ACORDO:

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 18 de decembro de 2018.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE VILALBA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O obxectivo deste Convenio colectivo non é outro que o da regulación das condicións de emprego do conxunto do persoal laboral do Concello de Vilalba.
Por todo iso, e de conformidade co disposto nas leis e normativa legal aplicable, as partes negociadoras acordan a subscrición do presente Convenio colectivo das condicións de emprego do persoal laboral ó servizo do Concello de Vilalba.
PREÁMBULO
DETERMINACIÓN DAS PARTES QUE O CONCERTAN
Son asinantes do presente convenio colectivo pola parte empresarial, o Concello de Vilalba e, pola parte social, o Comité de Empresa do Concello de Vilalba.
As partes ostentan e se recoñecen reciprocamente a representatividade requirida pola normativa vixente e, por tanto, con plena lexitimidade para subscribir o presente Convenio Colectivo.
CAPÍTULO I
DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1º.-Ámbito territorial.
Este Convenio Colectivo será de aplicación no Concello de Vilalba que o asume na súa totalidade, trala negociación colectiva ó nivel correspondente.
Artigo 2º.-Ámbito funcional.
Inclúese expresamente a totalidade dos entes e organismos públicos que formen, ou poidan formar, parte do Concello de Vilalba. En calquera caso, a extensión do eido funcional do presente Convenio ao entes ou organismos autónomos que poidan xurdir, trala entrada en vigor do presente Convenio, será obxecto de estudio no seo da súa Comisión Paritaria de Seguimento e Control.
Artigo 3º.-Ámbito persoal.
O Convenio colectivo aplicarase a todo persoal laboral fixo, indefinido e temporal que preste servizos no concello de Vilalba, en todo aquilo que sexa compatible coa natureza da súa relación de emprego. En todo caso, no tocante ao persoal contratado ao abeiro de programas e/ou plans obxecto de financiamento e/ou subvención externa, as
Anuncio publicado en: Num BOP 298 año 2018 31/12/2018
30/12/2018 08:00:00
14:31:04

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/12/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha31/12/2018

Nro. de páginas77

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Diciembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031