Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/04/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 095 mércores, 28 de abril de 2021

BOP Lugo
2. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto técnico denominado DESMONTAJE
DEL C.S. DOMPIÑOR, obxecto da solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa de peche, son:
Desconexión e desmontaxe do CS Dompiñor Autorizado co n.º de Expte: 6936-AT composto por un edificio prefabricado tipo PFU-4 o cal ten unha cela de liña e unha de interruptor automático.
3. O artigo 39 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, dispón que o peche definitivo de instalacións de distribución estará sometida, con carácter previo, ao réxime de autorizacións establecido no artigo 53 precisando, polo tanto, autorización administrativa previa.
4. O procedemento de tramitación da solicitude de autorización administrativa previa para o peche definitivo dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica axustarase ao disposto no capítulo IV do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
5. En virtude do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalación eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Industria, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo é o órgano competente para outorgar a autorización administrativa previa de peche definitivo das instalacións de distribución de enerxía eléctrica cando o seu aproveitamento afecte só a Comunidade Autónoma de Galicia e a súa tensión de servizo sexa inferior a 132 kV.
6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Conceder a autorización administrativa previa de peche definitivo das instalacións pertencentes á rede de distribución de enerxía eléctrica de BEGASA de características enriba descritas e que se atopan recollidas no proxecto denominado DESMONTAJE DEL C.S. DOMPIÑOR, coas seguintes consideracións:
De conformidade co establecido no artigo 138 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o peche definitivo de instalacións solicitado por BEGASA implicará o seu desmantelamento e, considerando a planificación proposta, disporá para a súa execución do prazo dun 1 mes contado a partir da data de recepción da presente resolución.
De conformidade co artigo 155 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o desmantelamento de instalacións de distribución de enerxía eléctrica comporta a extinción da servidume de paso de enerxía eléctrica, de tal xeito que BEGASA deberá comunicar esta circunstancia aos afectados pola dita servidume, se os houber.
Tal e como dispón o artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o remate das operacións recollidas no protocolo de desconexión e desmantelamento do CS Dompiñor debe ser comunicado a esta xefatura territorial solicitando a preceptiva acta de peche de instalacións, e xuntarase á dita solicitude o certificado do director de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como da regulamentación e normas que sexan de aplicación como é a do tratamento dos residuos que se poidan xerar.
Obtida a acta de peche das instalacións, BEGASA ten a obriga de comunicalo á Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas e á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, tal e como dispón o artigo 31 do Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica.
En cumprimento do establecido no artigo 138.3, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a resolución deberá ser publicada no DOG e no BOP.
A presente autorización outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.
Contra esta resolución que non é definitiva en vía administrativa poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación, ante o vicepresidente segundo e concelleiro de Economía, Empresa e Innovación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da citada Lei 39/2015, sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.
Lugo, 20 de abril de 2020.- O xefe territorial, Gustavo José Casasola de Cabo.
R. 1121

Anuncio publicado en: Num BOP 95 año 2021 28/04/2021
27/04/2021 08:00:00
09:46:05

De acordo con todo o indicado e de conformidade co título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, propoño:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/04/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/04/2021

Page count22

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions