Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/04/2021

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 17 DE ABRIL DE 2021

N.º 086

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE ECONOMÍA, RECADACIÓN E FACENDA. SERVIZO DE XESTIÓN RECADACIÓN E
INSPECCIÓN TRIBUTARIA
Anuncio Corrección de erros:
No BOP número 084 de data 15 de abril de 2021, publicase ANUNCIO DE COBRANZA do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, no cal é necesario facer a corrección sobre o exercicio de cobro 2021 e completar o texto canles de ingreso.
O anuncio quedará redactado segundo o seguinte contido:
ANUNCIO DE COBRANZA

De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, comunícase que o prazo de ingreso en período voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, exercicio de 2021, relacionados abaixo, empezará a contar o 15/04/2021 e finalizará o día 15/07/2021, ambos os dous incluidos.
Relación de tributos e concellos:
Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica:ABADIN, ALFOZ, ANTAS DE ULLA, BALEIRA, BARALLA, BARREIROS, BECERREÁ, BEGONTE, BÓVEDA, BURELA, CARBALLEDO, CASTRO DE REI, CASTROVERDE, CERVANTES, CERVO, O CORGO, COSPEITO, CHANTADA, FOLGOSO
DO COUREL, A FONSAGRADA, FOZ, FRIOL, GUITIRIZ, GUNTÍN, O INCIO, LÁNCARA, LOURENZÁ, MEIRA, MONDOÑEDO, MONTERROSO, MURAS, NAVIA DE SUARNA, NEGUEIRA DE MUÑIZ, AS NOGAIS, OUROL, PALAS DE
REI, PANTÓN, PARADELA, O PÁRAMO, A PASTORIZA, PEDRAFITA DO CEBREIRO, A POBRA DE BROLLÓN, POL, A
PONTENOVA, PORTOMARIN, QUIROGA, RÁBADE, RIBADEO, RIBAS DE SIL, RIBEIRA DE PIQUÍN, RIOTORTO, SAMOS, SARRIA, O SAVIÑAO, SOBER, TABOADA, TRABADA, TRIACASTELA, O VALADOURO, O VICEDO, VILALBA, XERMADE
e XOVE.
O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, La Caixa - Caixabank SA, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. BBVA e Banco Sabadell S.A., en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento. O ingreso poderá realizarse por calquera canle habilitada en horario ampliado caixeiros automáticos, internet, banca electrónica.
Tamén pode realizarse o pago na Sede Electrónica da Deputación, Portal do Contribuínte, por delegación do seu Concello, que é o que envía o Padrón para o cobro. Ou mediante xiro postal dende calquera oficina de Correos Sociedad Estatal Correos y Telégrafos.
O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.
Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constriximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.

Anuncio publicado en: Num BOP 86 año 2021 17/04/2021
16/04/2021 08:00:00
09:50:39

Recadacion en período voluntario de débedas tributarias de vencemento periódico.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/04/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/04/2021

Page count8

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones