Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/04/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 5 DE ABRIL DE 2021

N.º 075

CONCELLOS
BARALLA
Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación, en sesión de 25 de marzo de 2021 o expediente de modificación de créditos número 3/2021, dentro do vixente presuposto municipal, por importe de 466.052 euros, e dando cumprimento ao establecido nos artigos 169 e 177 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, Real Decreto Lexislativo 2/2004, exponse ao público, polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría deste Concello, a fin de que durante o mesmo, que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde Presidente deste Concello.
Baralla, 26 de marzo de 2021.- O alcalde, Miguel González Piñeiro.

CASTROVERDE
Anuncio BASES PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE FUNCIONARIO/A DE CARREIRA.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Castroverde en sesión extraordinaria de data 24 de marzo do 2021, aprobou as seguintes bases:
BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN DUN POSTO DE TRABALLO DE
FUNCIONARIO/A DO GRUPO C, SUBGRUPO C1, ADMINISTRATIVO DE ADMINISTRACIÓN XERAL DO CONCELLO
DE CASTROVERDE.
1.- OBXECTO.
O obxecto da presente convocatoria é a selección para a cobertura dunha praza funcionario/a de Administrativo de Administración Xeral adscrita aos servizos xerais do Concello de Castroverde.
Dita praza atópase vacante no Cadro de persoal e pertence á oferta de emprego do ano 2020 que foi aprobada na Xunta de Goberno Local de 5 de novembro do 2020 e publicada no DOG núm. 241 do 30 de novembro do 2020.
Dita praza, está integrada no grupo C, subgrupo C1, da subescala administrativa da escala de administración xeral e dotada coas retribucións básicas correspondentes ao seu grupo de titulación e coas complementarias asignadas ao posto de traballo ao que se adscriba a praza.
2.- SISTEMA DE SELECCIÓN.

Establécese como sistema se selección o de oposición libre garantindo os principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

3. REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES.
As persoas que desexen participar no presente proceso selectivo deberán contar cos seguintes requisitos:
a Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou de calquera daqueles Estados aos que en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos na normativa vixente, ademais, consonte co disposto pola Lei 17/1993, do 23 de decembro; así como no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico del Empregado Público, tamén poderán acceder á praza os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.
b Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

Anuncio publicado en: Num BOP 75 año 2021 05/04/2021
31/03/2021 08:00:00
13:57:51

R. 0814

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/04/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/04/2021

Page count16

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions