Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/04/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 12 DE ABRIL DE 2021

N.º 081

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
O concello de Muras solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.72324

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Muras ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 5 de abril de 2021.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 0911

XEFATURA TERRITORIAL DA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Pagamento do prezo xusto pola expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Parque Eólico Paradela expediente 104-EOL. Beneficiaria: Paravento, SL
Mediante o presente anuncio comunícase a todos os interesados afectados polo procedemento de expropiación do expediente de referencia, cumprindo co previsto na resolución dictada polo Xurado de Expropiación de Galicia, a data, a hora e o lugar para o pagamento do prezo xusto de acordo co seguinte calendario:
Parque eólico Paradela Día
Concello
Hora
Fincas
05/05/2021

Paradela
10:00

1, 2,6

05/05/2021

Paradela
11:00

7, 25

Os propietarios dos predios afectados serán notificados individualmente e advírteselles que os pagamentos se realizaránse nas condicións que establecen o artigo 48 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 BOE núm 351 de 17 de decembro de 1954, e os artigos 48, 49 e 50 do seu Regulamento, de 26 de abril de 1957.BOE núm. 160 de 20 de xuño de 1957.
Lugo, 31 de marzo de 2021.- O xefe territorial, Gustavo José Casasola de Cabo.
R. 0893

Anuncio publicado en: Num BOP 81 año 2021 12/04/2021
09/04/2021 08:00:00
13:40:44

As obras solicitadas consisten na realización dunha obra de paso sobre un rego innominado, afluente do rego da Xestosa, con desvío provisional do rego pola súa marxe esquerda, para dar continuidade a un camiño municipal referencia catastral 27033A049090070000FL, no lugar do Vilar, na parroquia de Muras San Pedro, no concello de Muras Lugo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/04/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/04/2021

Page count21

Edition count3286

First edition01/03/2013

Last issue25/04/2024

Download this edition

Other editions