Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/04/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 15 DE ABRIL DE 2021

N.º 084

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZOS CENTRAIS
Anuncio De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento de dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para xeral coñecemento, que por resolución da dirección de Augas de Galicia de data 5 de marzo de 2021 e como resultado do expediente incoado ó efecto, outorgouse a María Carmen Vilela Vázquez unha concesión de 1809,02 m3 anuais de auga procedente dun manancial situado no lugar de Vilamerelle, na parroquia de San Xulián do Camiño, no concello de Palas de Rei Lugo, con destino a uso gandeiro e a rega.
Número Expte.: DH.A27.06048
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2021.- O xefe do Servizo de Tramitación Técnico-Administrativa do Dominio Público Hidráulico, José Ángel Someso Anguita.

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE ECONOMÍA, RECADACIÓN, FACENDA E ESPECIAL DE CONTAS. SERVIZO DE XESTIÓN, RECADACIÓN E INSPECCIÓN TRIBUTARIA
Anuncio -E D I C T ONOTIFICACION COLECTIVA DE DÉBEDAS TRIBUTARIAS DE VENCEMENTO PERIÓDICO.
De conformidade co establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria, do 17 de decembro, notifícase colectivamente a liquidación dos tributos e concellos que se citan:
Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, exercicio de 2021
- ABADIN, ALFOZ, ANTAS DE ULLA, BALEIRA, BARALLA, BARREIROS, BECERREÁ, BEGONTE, BÓVEDA, BURELA, CARBALLEDO, CASTRO DE REI, CASTROVERDE, CERVANTES, CERVO, O CORGO, COSPEITO, CHANTADA, FOLGOSO
DO COUREL, A FONSAGRADA, FOZ, FRIOL, GUITIRIZ, GUNTÍN, O INCIO, LÁNCARA, LOURENZÁ, MEIRA, MONDOÑEDO, MONTERROSO, MURAS, NAVIA DE SUARNA, NEGUEIRA DE MUÑIZ, AS NOGAIS, OUROL, PALAS DE
REI, PANTÓN, PARADELA, O PÁRAMO, A PASTORIZA, PEDRAFITA DO CEBREIRO, A POBRA DE BROLLÓN, POL, A
PONTENOVA, PORTOMARIN, QUIROGA, RÁBADE, RIBADEO, RIBAS DE SIL, RIBEIRA DE PIQUÍN, RIOTORTO, SAMOS, SARRIA, O SAVIÑAO, SOBER, TABOADA, TRABADA, TRIACASTELA, O VALADOURO, O VICEDO, VILALBA, XERMADE
e XOVE.
Os Padróns poderán ser consultados polos interesados na Deputación Provincial de Lugo/ Servizo de Xestión Tributaria e Recadación rúa Tui, nº 5-baixo 27004- Lugo e no Concello correspondente, durante o prazo de QUINCE DIAS contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As liquidacións obxecto de notificación colectiva teñen carácter provisional segundo o disposto no art. 101.4 da Lei Xeral Tributaria e, en contra destas, poderase interpoñer recurso de reposición perante o órgano competente do Concello, no caso dos prezos públicos e taxas, e perante o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, no caso do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, no prazo DUN MES, a contar dende o día seguinte da finalización do prazo de exposición. Poderase exercitar, non obstante, calquera outro recurso que se considere procedente. Todo iso, en virtude co establecido no art. 14.2 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais.
Lugo, 18 de marzo de 2021.- O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019 A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez.

Anuncio publicado en: Num BOP 84 año 2021 15/04/2021
14/04/2021 08:00:00
14:14:05

R. 0948

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/04/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/04/2021

Page count16

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions