Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/04/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 090 xoves, 22 de abril de 2021

BOP Lugo
Segunda: O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira: En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real Decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
En relación coa instalación de baixa tensión, deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real Decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa instrución ITC-BT-04, debendo achegar no seu momento, a documentación esixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta Administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 31 de marzo de 2021.- O xefe territorial, Gustavo José Casasola de Cabo.
R. 1032

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Anuncio CONVOCATORIA ACCIÓN FORMATIVA DA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA O ANO 2021
A Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, dentro do Plan Agrupado de Formación Continua para o 2021, estando pendente de ditar, pola Directora da Escola Galega de Administración Pública EGAP, a Resolución pola que se aproban as bases reguladoras e convócanse as subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2021, propón, a execución da acción formativa:
ACCIÓN FORMATIVA

MODALIDADE

PARTIC.

HORAS

01.01.01.21 RÉXIME XURÍDICO DO SECTOR PÚBLICO NAS
ENTIDADES LOCAIS. O SEU SECTOR PUBLICO. ENCARGOS A MEDIOS
PROPIOS. FÓRMULAS COLABORATIVAS

EN LIÑA

35

40

As características e contidos específicos destes cursos detállanse no anexo I e desenvolveranse de acordo coas seguintes:
BASES XERAIS
Primeira.- Solicitudes:
1.- Os/As interesados/as que desexen participar neste curso presentarán cuberta, en tódolos epígrafes que corresponda, a instancia segundo o modelo oficial. Todos os campos son de obrigada cumprimentación.
2.- A falsidade ou ocultación dos datos esenciais para a selección dos/as aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.
3.- O prazo de presentación das solicitudes rematará o 6 de maio de 2021 ás 13:00 h.
Dita documentación dirixirase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Sección de Formación, por:
-

Presentación directa: No Rexistro Xeral da Deputación de Lugo.
Correo postal: Rúa San Marcos, 8 - 27001 Lugo.
Correo electrónico: formacion@deputacionlugo.org E demáis lugares de conformidade co artigo. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Segunda.- Acceso e participación na acción formativa:
1.- Poderán participar os/as interesados/as que cumpran os requisitos específicos esixidos no anexo I

Anuncio publicado en: Num BOP 90 año 2021 22/04/2021
21/04/2021 08:00:00
10:57:07

ÁREA DE FORMACIÓN, ENSINO E ECONOMÍA DO COÑECEMENTO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/04/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/04/2021

Page count22

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions