Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/04/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 084 xoves, 15 de abril de 2021

BOP Lugo
3º.- Financiamento das axudas.- As axudas concederanse con cargo á correspondente aplicación do orzamento municipal aprobado para cada exercicio económico, na contía establecida, e sen perxuízo no seu caso da posterior modificación presupostaria que se considere procedente.
4º.- Beneficiarios.a.- Poderán ser beneficiarios da axuda ou subvención as persoas físicas que leven a cabo a construcción ou a conservación e rehabilitación dunha vivenda co fin de destinala á súa residencia habitual e que cumpran as condicións esixidas nesta ordenanza. O destino do inmoble obxecto da subvención como vivenda familiar habitual deberá manterse polo menos durante o período de 5 anos. Esta condición é resolutoria, dando lugar no caso de incumprimento á devolución da subvención, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13
de xuño, de subvencións de Galicia.
b.- Os beneficiarios das subvencións deberán cumprir as seguintes condicións :
- Ser maior de idade na data de presentación da solicitude.
- Destinar a vivenda obxecto de rehabilitación/conservación ou de construcción a residencia habitual e permanente do solicitante e, no seu caso, da unidade familiar, durante un prazo de al menos 5 anos desde a finalización das obras, sen que poida ser obxecto de cesión a transmisión inter vivos por ningún título durante un prazo de 10 anos desde a concesión da subvención.
-Ostentar a propiedade/copropiedade ou título habilitante da vivenda obxecto de rehabilitación e conservación ou construcción.
-Non estar incurso en ninguna das prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións previstas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demais normativa de aplicación.
-Estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa seguridade social.

5º.- Contía das axudas.- Toda actuación subvencionable contará cunha axuda equivalente ao dous por cento
2% do importe do presuposto de execución material PEM que conste no correspondente proxecto técnico ou memoria valorada presentado para a obtención da licenza ou título habilitante, cun máximo de tres mil euros 3.000,00 €.
6º.- Procedemento do outorgamento.I.- Iniciación.Cada exercicio económico, a Alcaldía do concello, aprobará unhas bases específicas onde se fixará o procedemento e condicións da subvención, tales como: Importe total máximo das axudas a outorgar durante o exercicio, prazo de resolución dos expedientes, comisión de valoración das solicitudes, acumulación ou non do importe anual non consumido ao exercicio seguinte e demais cuestións procedimentais.
A correspondente convocatoria das axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia, páxina web do concello e taboleiro municipal de anuncios.
II.- Presentación das solicitudes.As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do concello ou por calquera medio dos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administración públicas, conforme ao modelo que figura na convocatoria.
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI /NIE do solicitante.
- Licenza municipal ou Título habilitante das obras.
- Xustificante de estar ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social.
- A demais documentación esixida na convocatoria das axudas.
As solicitudes de axuda resolveranse por orde cronolóxico de solicitude.
Unha vez esgotados os créditos da partida, publicarase na mesma páxina web e taboleiro de anuncios a finalización do prazo de presentación.
Comisión de Valoración.Xunto co acordo da Alcaldía que se establece no artigo 6º desta ordenanza de aprobación das bases específicas, nomearase a Comisión de Valoración que en cada exercicio económico informará as solicitudes presentadas, correspondendo a resolución de outorgamento da subvención á propia Alcaldía.
A dita Comisión de Valoración estará integrada en todo caso polo sr. Alcalde ou concelleiro-delegado, que será o presidente, e polo técnico municipal competente.

Anuncio publicado en: Num BOP 84 año 2021 15/04/2021
14/04/2021 08:00:00
14:14:05

-Dispoñer da licenza municipal de primeira ocupación do inmoble e xustificar documentalmente a alta da vivenda no Catastro correspondente.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/04/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/04/2021

Page count16

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions