Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/04/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

16

Núm. 080 sábado, 10 de abril de 2021

BOP Lugo
Anuncio De conformidade co disposto no artigo 49 da vixente Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local faise público que por acordo plenario de data 29 de marzo de 2021 se prestou aprobación inicial á ORDENANZA REGULADORA DO USO DAS PRAIAS DE RIBADEO.
Dita Ordenanza queda exposta ao público na Secretaría Municipal desta Entidade por prazo de 30 días contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no B.O.P. de Lugo a efectos de exame e presentacion de reclamacións e suxerencias que procedan.
De non se presentar reclamacións á mesma entenderase automáticamente aprobada de xeito definitivo.
Ribadeo, 30 de marzo de 2021.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA.
R. 0903

O VICEDO
Anuncio EXPOSICIÓN Ó PÚBLICO
Por resolución da Alcaldía de 31 de marzo de 2021, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de febreiro de 2021 do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar.

Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante o Sr. Alcalde Presidente, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación R.D. 939/2005, do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, dous meses a contar dende o día da súa publicación no Boletín . Para o cobramento dos mesmos, ós contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas.
Para os demais contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectuar o pagamento en calquera oficina das entidades bancarias radicadas no termo municipal do Vicedo.
Transcorrido o prazo de pagamento en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento;
de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento xeral de recadación. O recargo será do 5 por 100
cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, xeral tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
O Vicedo, 31 de marzo do 2021.- O Alcalde, José Jesús Novo Martínez.
R. 0901

Anuncio publicado en: Num BOP 80 año 2021 10/04/2021
09/04/2021 08:00:00
13:42:48

Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/04/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/04/2021

Page count17

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions