Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/04/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 078 xoves, 8 de abril de 2021

BOP Lugo
Disposición transitoria.- Obtención do permiso de vertido e documentación que deben presentar os usuarios xa existentes.
Disposición derrogatoria Disposición derradeira primeira Disposición derradeira segunda ANEXOS
ANEXO I.- SOBRE A CONTAMINACIÓN DOS VERTIDOS
A. Vertidos prohibidos.
B. Contaminantes das augas.
C. Vertidos con substancias perigosas.
ANEXO II.- VALORES LÍMITE DE VERTIDO OU DE EMISIÓN
ANEXO III.- SOLICITUDE DO PERMISO DE VERTIDO Á REDE MUNICIPAL DE SANEAMENTO
ANEXO IV.- CLASIFICACIÓN DOS SECTORES INDUSTRIAIS
ANEXO V.- CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DA ACOMETIDA
PREÁMBULO

Un destes recursos é, sen dúbida, a auga, un auténtico patrimonio natural que ten asociado ao seu uso profundos valores, tanto sociais como ambientais, que cómpre protexer e conservar. O modelo de xestión dos recursos hídricos debe tomar como base o ciclo natural da auga, considerando a súa preservación en excelente estado como o mellor legado e garantía para as xeracións futuras.
En política ambiental son cada vez máis as normas con orixe supranacional as que determinan o contido dos dereitos e obrigas da cidadanía, así como as competencias e o xeito de exercelas dos poderes públicos. No ámbito da auga, especialmente, o dereito comunitario ten unha relevancia cada vez maior, con esixencias cada vez máis específicas.
Nesta liña, a Directiva da Unión Europea 2000/60/CE, do 23 de outubro de 2000, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política da auga, establece a necesidade de velar pola protección dos ecosistemas acuáticos e promover o uso sustentable da auga a longo prazo. Esta Directiva Marco da Auga, en proceso de aplicación e desenvolvemento, introduce o concepto de bo estado ecolóxico dos sistemas hidrolóxicos como un reto de futuro inmediato. As esixencias da directiva teñen que conducir progresivamente á recuperación da calidade fisicoquímica e biolóxica das augas superficiais e subterráneas.
Case unha década antes, a Directiva 91/271/CEE, do 21 de maio de 1991, sobre tratamento de augas residuais urbanas, abordou o ambicioso reto de protexer o medio ambiente dos efectos negativos das augas residuais, principalmente urbanas, no medio natural, obrigando os Estados membros a adoptar as medidas necesarias para garantir que estas augas fosen tratadas convenientemente antes do seu vertido. Esta normativa foi trasposta no ámbito estatal español polo Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, sobre normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas, desenvolvido, á súa vez, polo Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, que establece requisitos técnicos para os colectores e instalacións de tratamento e para os vertidos que chegan a eles.
Pola súa parte, o actual texto refundido da Lei de augas, Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, establece entre os seus obxectivos prioritarios protexer e mellorar o medio acuático establecendo medidas específicas para reducir progresivamente os vertidos, as emisións e as perdas de substancias prioritarias, así como eliminar ou suprimir de forma gradual os vertidos, as emisións e as perdas de substancias prioritarias art. 92, c, e regula detalladamente os vertidos que se poden realizar sobre o medio acuático, ben para prohibilos ou ben para sometelos a limitacións e controis. En particular, o seu artigo 100 establece a prohibición de realizar vertidos directos ou indirectos de augas e de produtos residuais susceptibles de contaminar as augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico, agás que se conte coa autorización administrativa previa.
En desenvolvemento do citado texto refundido da Lei de augas, o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento de dominio público hidráulico, concretou algunha das normativas aplicables ás estacións depuradoras e ás súas redes de colectores. Isto puxo de manifesto a necesidade de actualizar e unificar as normativas existentes, non só no que se refire ás limitacións que lles cómpre impor aos vertidos ás redes de saneamento, senón tamén no establecemento dun conxunto de condicións técnicas ás actividades que son susceptibles de realizar vertidos de augas residuais á rede de saneamento de exclusiva titularidade
Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2021 08/04/2021
07/04/2021 08:00:00
12:51:26

No artigo 45 da Constitución española recoñécese o dereito de todos os cidadáns a gozar dun medio ambiente idóneo para o desenvolvemento da persoa, atribuíndoselles ás administracións públicas, ademais, a función de velar por un emprego máis racional dos recursos naturais, e aos cidadáns, o deber de contribuír á súa conservación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/04/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/04/2021

Page count35

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions