Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/04/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 074 sábado, 3 de abril de 2021

BOP Lugo
eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 12 de marzo de 2021.- O xefe territorial, Gustavo José Casasola de Cabo.
R. 0802

Anuncio Resolución do 12 de marzo de 2021 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Becerreá. Expediente IN407A 2020-64AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Peticionario: Unión Fenosa Distribución S.A.
- Domicilio Social: Batundeira, 2. Velle. Ourense - Denominación: REGLAMENTACIÓN LMT TC BCR803/BCR/804/BCR805 APOYOS T3, T4 Y T5 BECERREÁ

- Declaración Responsable: Si - Características técnicas principais:

LMT aérea a 20kV, formada por tres circuitos, con orixe no apoio T1 existente tipo C-16/9000 e final no apoio T7 existente tipo HV-2-14/3A, cunha lonxitude de 507 metros de condutor tipo LA-110, tensado sobre tres novos apoios de celosía.

LMT aérea a 20kV, con orixe no apoio T4 proxectado tipo C-18-4500 e final no CT Estación de servicio, cunha lonxitude de 31 metros en condutor tipo LA-56.

LMT soterrada a 20kV, con orixe nun paso aéreo a soterrado ubicado no apoio proxectado T5 tipo C-18/4500
e final nun empalme proxectado coa LMTS BCR805 que alimenta oa CT Parque Empresarial, cunha lonxitude de 19 metros en condutor RHZ1-150mm.

- Finalidade da instalación : Regulamentación de instalación.
- Orzamento: 40.329,53 €
- Documentación complementaria:

Separata para o Concello de Becerreá.

Separata para o Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana.

Separata para Telefónica.

Separata para a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, de 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira: As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a Dirección de Obra por técnico competente.
Segunda: O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Anuncio publicado en: Num BOP 74 año 2021 03/04/2021
31/03/2021 08:00:00
13:52:20

- Situación: concello de Becerreá

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/04/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/04/2021

Page count77

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions