Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 147 luns, 29 de xuño de 2020

BOP Lugo
De presentarse a varias prazas o/a aspirante cubrirá unha solicitude por praza.
5.- DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACOMPAÑARSE NECESARIAMENTE Á SOLICITUDE.
a Fotocopia do DNI ou tarxeta acreditativa da súa identidade no caso de estranxeiros.
b Fotocopia da titulación esixida para presentarse ao proceso.
c Fotocopia compulsada do permiso de conducir categoría B, para as prazas de Xefe de equipo e Peón Condutor.
dDeclaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas; de non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade e incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
eDeclaración xurada de non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible co desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo así como que reúne as condicións físicas necesarias para superar a proba física de esforzo que deberán realizar xunto co recoñecemento médico con carácter previo á contratación. Segundo Anexo II.
d Documentación acreditativa dos méritos alegados.
Deberase acompañar á solicitude as xustificacións documentais debidamente compulsadas dos méritos que desexen alegar en relación coa praza que se convoca.
Non se valorarán os méritos que non estean acreditados documentalmente ou que, a xuízo do Tribunal, non estean suficientemente acreditados.

Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os/as interesados/as aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.
Nos supostos de presentación por vía electrónica substitúese a esixencia de presentación de fotocopia da documentación pola de presentación de copia dixitalizada.
6.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución aprobando a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as neste caso con indicación das causas que dean lugar á exclusión, que se fará pública na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello, exclusivamente.
Ademais, en dita resolución fixaranse os titulares e os suplentes que conformarán o Tribunal Cualificador.
Figurar na relación de admitidos non suporá que se lles recoñeza aos/ás aspirantes estar en posesión dos requisitos esixidos nos procedementos que se convocan. Cando da documentación que debe presentarse logo de ter superado o procedemento de selección se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en tódolos dereitos que se puidesen derivar da súa participación no procedemento de selección.
Concederase un prazo improrrogable de 1 día hábil para reclamacións á lista provisional e emenda de defectos, a contar dende o seguinte ao da súa publicación na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello. Para os efectos de axilizar o procedemento, de non presentarse reclamacións dentro do prazo establecido a resolución de admitidos/as e excluídos/as poderase entender elevada a definitiva.
As reclamacións sobre as exclusións provisionais serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se fará pública da mesma maneira que a provisional.
O prazo de emenda non é de aplicación respecto dos méritos alegados pero non aportados. Os erros de feito poderanse emendar en calquera momento, de oficio ou por pedimento dos interesados, de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015.
7. -TRIBUNAL DE SELECCIÓN.
7.1. Composición do Tribunal.
O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do EBEP e estará integrado por 5 membros titulares e 5 suplentes 1 presidente e 4 vogais podendo actuar indistintamente titulares e suplentes. O secretario será un dos vogais.
Os membros do Tribunal terán todos voz e voto.
O nomeamento dos membros titulares e suplentes que constitúan o Tribunal seleccionador, realizarase por Decreto da Alcaldía, debendo pertencer, en calquera caso, a un corpo, escala ou categoría profesional para o
Anuncio publicado en: Num BOP 147 año 2020 29/06/2020
26/06/2020 08:00:00
13:57:06

A non acreditación dos méritos alegados determinará que estes non sexan tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fora do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse.
Tampouco se requirirá aos interesados para que os acrediten.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/06/2020

Page count27

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions