Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 144 xoves, 25 de xuño de 2020

BOP Lugo
O persoal integrarase no dispositivo do Distrito Forestal, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, de montes e no artigo 48.6 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais e o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia en adiante Pladiga.
-Cando concorran razóns extraordinarias, poderán colaborar na defensa de incendios declarados noutros ámbitos territoriais, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo da correspondente indemnización polos gastos ocasionados.
-Labores encamiñadas á prevención que diminúan o risco de propagación e minoren os danos dos incendios, no caso de producirse. Estes traballos desenvolveranse en faixas de xestión de biomasa ou nos terreos forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido, así como en vías e camiños forestais da súa titularidade cando non sexa posible mecanizar estes traballos. Os traballos consistirán en actuacións manuais en vías e camiños forestais, áreas cortalumes e faixas de xestión de biomasa mediante roza, rareo e eliminación de restos, cun mínimo de 5 has nos tres meses de operatividade da brigada ou a súa parte proporcional. Os restos procedentes destes traballos trituraranse mecanicamente, ou no caso de que non fora tecnicamente posible, poderán quedar acordoados.
-Os traballos de extinción de incendios forestais serán prioritarios con respecto aos traballos de prevención.
5.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS E ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
Concurso-oposición.
Garantizarase a publicidade da convocatoria así como o cumplimento dos principios de libre concorrencia, mérito e capacidade.

Se se opta pola presentación noutros rexistros, deberá remitirse por fax 982-520102 ó Concello de Cospeito unha copia da instancia o mesmo día de presentación no rexistro correspondente.
Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI do interesado.
- Titulación académica.
- Relación de méritos que se alegan, xunto coa acreditación documental dos mesmos.
- Acreditación do coñecemento da lingua galega, de ser o caso.
- Permiso de conducir tipo B, de ser o caso.
Rematado o prazo de presentación de instancias, por Resolución de Alcaldía se aprobará a lista provisional de admitidos/as e excluído/as, que se publicará no Taboleiro de Anuncios do Concello e na Web do Concello de Cospeito, outorgando un prazo de 2 días hábiles para correcións ou emenda de defectos.
De non existir persoas excluídas, aprobarase con carácter definitivo a lista de admitidos.
Transcorrido o prazo de reclamacións, deberá tomarse novo acordo estimándoas ou desestimándoas con publicación da lista definitiva no taboleiro de anuncios do Concello e na Web do Concello de Cospeito .
6.- TRIBUNAL CUALIFICADOR.
1. O Tribunal cualificador estará constituído polo persoal que estableza ao efecto a resolución de alcaldía que se dicte, debendo axustarse ao establecido no artigo 59 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia.
2. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia, cando menos, de tres dos seus membros, titulares ou suplentes, debendo estar presentes en todo caso o presidente e o secretario ou persoas en quen deleguen. De tódalas reunións que celebre o tribunal, o/a secretario/a redactará a correspondente acta.
3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concurran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, RXSP. Así mesmo, os interesados poderán promover a recusación de acordo co sinalado no artigo 24 do mesmo texto legal.
4. O tribunal resolverá, por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que xurdan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que se poidan subscitar durante a valoración dos méritos, así como adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde do concurso en todo o que non estea previsto nas Bases.
5. O tribunal poderá dispoñer a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas cando as circunstancias ou a valoración dos méritos así o aconselle.

Anuncio publicado en: Num BOP 144 año 2020 25/06/2020
23/06/2020 08:00:00
14:26:28

As instancias solicitando formar parte no proceso selectivo dirixiranse ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cospeito. Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cospeito, debidamente cubertas segundo o anexo I, durante o prazo de 5 Cinco días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia Lugo. Poderán así mesmo remitirse na forma determinada na Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date25/06/2020

Page count32

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions