Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 143 martes, 2 de xuño de 2020

BOP Lugo
LOURENZÁ
Anuncio Formulada e rendida a Conta Xeral do Presuposto desta Corporación correspondente ó exercicio do 2019 e informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ó público cos documentos que a xustifican, na Secretaría desta Entidade por espazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción de presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, con fin de que os interesados poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo e os oito días seguintes, de conformidade co disposto no artigo 212 do R. D. Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, artigo 116 da Lei 7/85 de 2 de abril e 460.3 do Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril e Lei 5/97 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia.
Lourenzá, 17 de xuño do 2020.- A Alcaldesa, Rocío López García.
R. 1232

MONDOÑEDO
Anuncio CONVOCATORIA DE EMPREGO
A Alcaldía-Presidencia, do Concello de Mondoñedo, o día 17 de xuño de 2020 ditou Resolución da Alcaldía núm.
2020-0139, que literalmente di:

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA UNHA BRIGADA DE
PROTECCIÓN E MANTEMENTO DE ESPAZOS NATURAIS DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO
Vista a publicación no DOG da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2020, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia DOG núm. 11, do 17 de xaneiro de 2020.
Vista a solicitude de subvención presentada por este concello en data 17/02/2020, ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, referente ao Fondo de Compensación Ambiental, subvención en réxime de concorrencia non competitiva a concellos, na que se solicitou unha Brigada de Protección e Mantemento de Espazos Naturais, composta por 4 peóns forestais a xornada completa, por un período máximo de contratación de 3 meses, e dous condutores, un condutor de tractor e un de motoniveladora, os dous contratados por un período máximo de 4 meses.
Vista a Resolución de Concesión de Subvención, da Directora Xeral de Administración Local, de 5 de xuño de 2020, na que se contempla unha Brigada de Protección e Mantemento de Espazos Naturais na que se pretende a contratación de 4 peóns forestais, a tempo completo, durante un período máximo de 3 meses, e 2 condutores, un de tractor e un de motoniveladora, ámbolos dous, por un período máximo de 4 meses.
Visto que según as bases de convocatoria a subvención ao abeiro da que se realizan estas contratacións, debe estar xustificada o 31 de outubro de 2020, aclárase que independentemente de que se prorrogue ou non o prazo de xustificación inicial da subvención que ampara estas contratacións, os contratos finalizarán 10 días naturais antes de que remate o prazo xustificativo da citada subvención.
Vista a urxente necesidade de realizar estas contratacións con fin de por en marcha, a devandita brigada, de modo e maneira que se permita a posibilidade de manter nun estado de conservación óptimo unha Ruta de Sendeirismo, que discorre por zonas con valores ambientais notables, así como realizar labores de desbroce, mantemento e limpeza de camiños, sendeiros, pistas de terra e áreas recreativas, de cara a poder contar no verán con estas zonas totalmente acondicionadas que contribúan a proporcionar unha oferta turística de calidade.
Vista a memoria do Alcalde que xustifica a necesidade inaprazable, urxencia, necesidade e prioridade de realizar un proceso selectivo, por concurso-oposición, de persoal laboral temporal para a contratación de 4 empregos a tempo completo de Peón Forestal, e 2 condutores, un de tractor e un de motoniveladora, para unha Brigada de Protección e Mantemento de Espazos Naturais.
Vista a Lexislación en materia de selección de persoas comprendida na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, Lei 5/1997, do 22 de xuño, de Administración Local de Galicia, Lei 7/2007, do 7 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, e demais disposicións aplicables, e tendo en conta que se considera servizo prioritario, en virtude de acordo plenario de data 13 de maio de 2016, debido á
Anuncio publicado en: Num BOP 143 año 2020 23/06/2020
22/06/2020 08:00:00
13:03:50

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/06/2020

Page count23

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions