Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 142 luns, 22 de xuño de 2020

BOP Lugo
Vixésimo sétimo. O 27.3.2020, o promotor presentou unha corrección de erros da Addenda, relativa á lonxitude de 3.085 m do tramo aéreo de simple circuíto desde o apoio 1 P.A.S. ao apoio 17 P.A.S., que debería dicir de lonxitude 3.083 m.
Vixésimo oitavo. O 31.3.2020, a xefatura territorial achegou o informe de non afeccións a dereitos mineiros vixentes, o informe do cumprimento das limitacións á constitución de servidume de paso, de acordo co esixido no artigo 58 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, así como o informe sobre a Addenda á que se fai referencia no antecedente de feito vixésimo cuarto desta resolución.
Vixésimo noveno. O 23.4.2020, o órgano ambiental considerou que non existen obxeccións ao desprazamento do apoio núm. 16, en 10 metros en dirección leste, e do apoio núm. 17 coa súa arqueta, en 15 metros en dirección sur, sempre que se cumpra o recollido na Addenda, á que se fai referencia no antecedente de feito vixésimo cuarto desta resolución, e se teñan en conta as condicións que figuran na Declaración de Impacto Ambiental e no seu informe.
Trixésimo. O 8.5.2020, o promotor presentou unha declaración de conformidade de José Mel Redondo, como titular das parcelas 35, 36 e 37 da Relación de Bens e Dereitos Afectados que se inclúe no anexo desta resolución, ao desprazamento dos apoios núm. 16 e núm. 17 que afectan ás citadas parcelas.
Trixésimo primeiro. O 19.5.2020, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informou que a Addenda, á que se fai referencia no antecedente de feito vixésimo cuarto desta resolución, non se trata dun proxecto sectorial nin de ningún outro instrumento de ordenación do territorio sobre o que teña atribuídas competencias, senón dun proxecto construtivo sobre o que o organismo indicado para a súa valoración urbanística é o concello afectado, neste caso o da Pastoriza, como competente para o outorgamento do preceptivo título habilitante municipal.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no artigo 13 do Decreto 30/2011, do 17 de febreiro, polo que se establece o procedemento para a autorización de parques eólicos experimentais con alto compoñente de I+D+i na Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos no Decreto 30/2011, do 17 de febreiro, polo que se establece o procedemento para a autorización de parques eólicos experimentais con alto compoñente de I+D+i na Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, e demais normas vixentes de aplicación.
Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, resumidas no antecedente de feito quinto, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:
1.

No que respecta ás solicitudes de desprazamento dos apoios 14, 16 e 17 da liña eléctrica de evacuación, o promotor atenderá ao desprazamento dos apoios 16 e 17, sen embargo, o promotor alega que non se poderá desprazar o apoio 14 por razóns técnicas.

2.

En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características localización, extensión, tipo de aproveitamento
así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

De acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que teño atribuídas, RESOLVO
Primeiro. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución Proyecto de ejecución del parque eólico experimental NED 1 Fase y línea de evacuación Diciembre 2016 visado polo ICAI o 27.2.2019 Vis. 0118/19, coa súa Adenda proyecto de ejecución parque eólico experimental NED 1 fase y línea de evacuación Febrero 2020 visado polo ICAI o 12.2.2020 Vis. 0118/19, e asinados polo enxeñeiro industrial Pablo Fernández Castro, colexiado núm. 985/201.
As características principais das instalacións recollidas no proxecto son as seguintes:
Peticionario: Norvento Tecnología, S.L.
Enderezo social: Rúa Aller Ulloa, Ramón María nº 23 27003 - Lugo
Anuncio publicado en: Num BOP 142 año 2020 22/06/2020
19/06/2020 08:00:00
14:09:28

FUNDAMENTOS DE DEREITO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/06/2020

Page count25

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions