Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 141 sábado, 20 de xuño de 2020

BOP Lugo
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 9 de xuño de 2020,.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 1141

FOLGOSO DO COUREL
Anuncio
- Oito peóns de incendios, dous xefes de brigada de incendios e tres condutores de motobomba ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local de Folgoso do Courel para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os ano 2019 cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural FEADER no marco do PDR de Galicia 20142020 prorrogada a súa vixencia ata 31 de decembro de 2020, a xornada completa por obra ou servizo determinado por un período de 3 meses.
- Un técnico de turismo ao abeiro do Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Folgoso do Courel para a contratación de persoal nas oficinas de turismo a xornada completa ata o 15 de setembro de 2020.
- Dous auxiliares de axuda no fogar, un a xornada completa 100 % da xornada para cobertura de vacacións por un período inicial de sete meses e outro, a xornada parcial 84 % da xornada, por un período inicial de 6 meses Lugar e prazo de presentación das solicitudes: No rexistro do Concello de Folgoso do Courel no prazo de seis días naturais, a contar desde a publicación deste anuncio no BOP.
As bases completas están expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Folgoso do Courel e na sede electrónica: https folgosodocourel.sedelectronica.es.
Folgoso do Courel, 19 de xuño de 2020.- A Alcaldesa, Dolores Castro Ochoa.
R. 1230

FOZ
Anuncio CONTA XERAL 2019
Formada e rendida a Conta Xeral desta corporación correspondente a o ano 2019 cos estados e contas aos que se refire o artigo 209 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais , e as regras 44 a 55 da Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local aprobada por Orde HAP/1781/2013, de 20 de setembro e informada pola Comisión Especial de Contas, na súa sesión do día 9 de xuño de 2020, ditaminou a conta xeral do Concello de Foz, correspondente o exercicio económico 2019. Exponse o público, cos documentos que a xustifican, na Intervención desta entidade e no Portal de Transparencia , por un prazo de quince días, a contar dende o día seguinte ao de publicación de dito anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán examinar e presentar por escrito as reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes, de conformidade co artigo 116 da Lei 7/1985
de 2 de abril , e o 212 do RD lexislativo 2/2004 de 5 de marzo.

Anuncio publicado en: Num BOP 141 año 2020 20/06/2020
19/06/2020 08:00:00
14:03:57

De conformidade coas Resolucións da Alcaldía de 19 de xuño de 2020 fanse públicas as convocatorias para a selección de persoal laboral temporal consistente en:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date20/06/2020

Page count23

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions