Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 139 xoves, 18 de xuño de 2020

BOP Lugo
nas solicitudes deberá sinalarse, por orde de preferencia, todos os espazos dispoñibles. En caso de non estar dispoñibles os sinalados en primeiro lugar polas empresas seleccionadas, poñeranse a disposición do/a adxudicatario/a as restantes, ás que se optará por orde de prelación segundo o baremo resultante.
No caso de empresas que non comezasen a súa actividade, a data prevista de inicio non poderá superar 3 meses desde a data de notificación da adxudicación da nave, excepto nos casos que estean pendentes de trámites que non se retrasen por causas imputables aos/as solicitantes. En ningún caso se tramitarán as solicitudes, nas que a data prevista de inicio supere o prazo indicado. Con carácter xeral, establécese un compromiso de ocupación e inicio da actividade no prazo de un mes, a partir da notificación da adxudicación do local, exceptuando os casos que estean pendentes de trámites que non se retrasen por causas imputables aos/as solicitantes.
De ser o caso, será de aplicación o previsto no art. 68 da lei 39/2015 de procedemento administrativo, sobre subsanación e mellora da solicitude. Ademais, poderase requerir aos solicitantes cantos documentos, datos e aclaracións sexan precisos para a correcta valoración do proxecto empresarial presentado.
c.- Duración: O prazo máximo do contrato será de 12 meses prorrogables por outros 12, despois de un acordo por escrito, formalizándose as ampliacións do período de estancia, mediante anexo ao contrato subscrito inicialmente.
Non obstante o disposto, co fin de apoiar a aquelas empresas que necesiten algún tempo máis para a consolidación do seu negocio, excepcional e xustificadamente, poderá incrementarse o prazo, ata un máximo ata o máximo de un ano mais, sempre que non exista lista de espera, previa solicitude e formalización do/a interesado/a, que formulará cunha antelación mínima de tres meses á conclusión do prazo inicialmente establecido. Será obxecto de estudio polo órgano de selección, logo dos informes que estime pertinentes elevará proposta sobre a necesidade de ampliación temporal, ao órgano competente para a resolución, que o fará dun xeito motivado. En ningún caso se lles admitirá ás empresas unha estancia superior a tres anos, incluída a prórroga.
3.- TRAMITACIÓN, PROCEDEMENTO E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN.-

b Procedemento: Aberto con varios criterios, de conformidade coa cláusula 11 da ordenanza reguladora:
- Viabilidade técnica e económica da actividade: 5 puntos.
- Nivel de creación de emprego: 1 punto por contrato, ata un máximo de 5 puntos.
- Empresa nova: 3 puntos.
- Empresa recente: Ata tres meses 2 puntos; a partires de 3 e ata 6 meses 1,5 puntos.
- Promotores veciños de Friol 2 puntos, de concellos limítrofes 1 punto.
- Promotores en situación de desemprego: 1 punto.
- Promotores desempregados de longa duración, colectivos con especial dificultade de inserción no mercado laboral, mozos menores de 30 anos, mulleres maiores de 45 anos e colectivos en exclusión social: 1 punto.
As solicitudes que cumprindo os requisitos non fosen seleccionadas, pasarán a formar parte dunha lista de espera que se aplicarán no caso de vacantes. A lista de espera terá validez por 24 meses.
4.- PREZO A SATISFACER.-As tarifas ás que se refire o artigo anterior estructuránse do seixo seguinte:
-

-

Para o caso de utilización e aproveitamento dos locais do viveiro municipal, as empresas que resulten adxudicatarias dos locais que se pon a súa disposición conforme ás normas e procedemento establecidas na normativa reguladora do viveiro, o importe será o resultante de aplicar a conta de 0.4€/m útiles por cada mes.
En todo caso, ao importe das tarifas establecidas aplicaráselles o Imposto sobre o Valor engadido correspondente de acordo coa lexislación vixente.

No caso de que o inicio da ocupación non coincida co inicio do mes, prorratearase o importe da mensualidade segundo os días efectivos da ocupación, considerando os meses de 30 días naturais. Todo elo, sen prexuízo do pago pola súa conta dos recibos correspondentes de auga, lixo, saneamento, enerxía eléctrica etc. e calquera outro gasto de funcionamento.
5.- GARANTÍAS.-Unha vez notificada a adxudicación do espazo a un proxecto empresarial, o/a adxudicatario/a realizará as xestións pertinentes en orde á obtención de licenza ou comunicación previa e subscribirá un contrato, que conterá os dereitos e obrigas de ambas as partes e que se desenvolverá o establecido nesta ordenanza.
O prazo máximo para a sinatura do contrato, será de quince días desde a obtención da licenza, ou comunicación previa, debendo presentar a garantía e realizarse a ocupación do local adxudicado no prazo máximo de un mes, dese a sinatura do contrato. Dende o momento da ocupación, nacerá a obriga do pago do prezo público.

Anuncio publicado en: Num BOP 139 año 2020 18/06/2020
17/06/2020 08:00:00
14:33:13

a Tramitación: Ordinaria.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/06/2020

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions