Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 137 martes, 16 de xuño de 2020

BOP Lugo
BURELA
Anuncio MODIFICACIÓN DAS BASES DE SELECCIÓN DO PROCESO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL
DUN/DUNHA TÉCNICO/A DE TURISMO AO ABEIRO DO PROGRAMA "FOMENTO DO EMPREGO 2019", INTEGRADO NO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019.Por Decreto da Alcaldía nº 2020-0101 de data 26/02/2020 resolveuse aprobar a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación con carácter temporal dun/dunha Técnico/a de Turismo ao abeiro do Programa Fomento do Emprego 2019 integrado no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019, publicándose integramente na sede electrónica da Deputación Provincial, na sede electrónica e no Taboleiro de edictos deste Concello e no BOP de Lugo nº 059 de 12/03/2020.
Resultando necesario modificar as bases de selección do proceso no relativo ao prazo de duración do contrato ante a imposibilidade de dar cumprimento as obrigas derivadas do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019 por mor da suspensión dos procesos selectivos en curso durante a vixencia do estado de alarma e considerando que o Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, contempla no seu artigo 9 a reanudación/reinicio dos prazos administrativos suspendidos con efectos dende o 01/06/2020, por Decreto desta Alcaldía nº 20200259 de data 28/05/2020 resolveuse:
PRIMEIRO.- Modificar as bases da convocatoria aprobadas por Decreto da Alcaldía nº 2020-0101 de data 26/02/2020 e, en concreto, a base 2 relativa á duración e tipo de contrato, que quedará redactada como segue:
2.- DURACIÓN E TIPO DE CONTRATO
A natureza do contrato será laboral temporal na modalidade de contrato de duración determinada por obra ou servizo a tempo completo e a súa duración estenderase dende a súa sinatura ata o 30 de setembro de 2020.

SEGUNDO.- Admitir aquelas solicitudes presentadas en prazo conforme ao sinalado nas bases aprobadas por Decreto da Alcaldía nº 2020-0101 de data 26/02/202, quedando incorporadas ao proceso.
TERCEIRO.- Abrir un novo prazo de presentación de instancias de sete días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio de modificación da convocatoria no BOP de Lugo. Si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
CUARTO.- Que se de publicidade á modificación das bases de selección acordada a través de anuncios no Boletín Oficial da Provincia de Lugo BOP, no taboleiro de edictos e na sede electrónica do Concello http burela.sedelectronica.es. Igualmente remitirase á Deputación Provincial para a súa publicación na páxina web institucional.
Burela, 28 de maio de 2020.- O Alcalde, Alfredo Llano García.
R. 1103

Anuncio APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2020
Aprobado inicialmente na sesión ordinaria do Pleno deste concello, celebrada en data 4 de xuño de 2020, o Orzamento xeral, Bases de Execución, e o cadro de persoal funcionario e laboral para o exercicio económico 2020, de conformidade co previsto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e no artigo 20 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva polo prazo de quince días dende a publicación deste anuncio no B.O.P. de Lugo para os efectos de reclamacións e alegacións dos interesados lexítimos.
De conformidade co acordo acadado, o Orzamento para o exercicio 2020 considerarase definitivamente aprobado, se durante o devandito prazo non se presentaren reclamacións.
Burela, 9 de xuño de 2020.- O Alcalde, Alfredo Llano García.
R. 1154

CASTROVERDE
Anuncio Aprobación inicial do expediente de modificación de crédito num. 4/2020.

Anuncio publicado en: Num BOP 137 año 2020 16/06/2020
15/06/2020 08:00:00
11:36:43

Os/as aspirantes seleccionados/as e contratados/as percibirán as retribucións establecidas no Convenio colectivo aplicable ao persoal laboral do Concello de Burela co seguinte desglose bruto mensual: salario grupo C1 781,39
€; complemento de destinonivel 18428,46 €; complemento específico:68,71€; prorrata de paga extra:186,90 €.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/06/2020

Page count33

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions