Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 134 venres, 12 de xuño de 2020

BOP Lugo
No suposto de que o candidato seleccionado non desexe suscribir o contrato laboral temporal ou unha vez suscrito, dimita ou se extinga a relación laboral de mutuo acordo, o concello notificará ó seguinte candidato seleccionado segundo a orde de puntuación para formalizalo.
SEGUNDO.- COMPOSICIÓN E FUNCIÓNS DA BRIGADA DE TRATAMENTOS PREVENTIVOS CON TRACTOR
DESBROZADORA:
2.1.- CONDUCTORES TRACTOR DESBROZADORA
O persoal encargado do manexo do do tractor desbrozadora de brazo hidráulico realizará labores tratamento silvícolas de carácter preventivo e de xeito mecanizado en áreas cortalumes, vías, camiños e pistas forestais de titularidade municipal e nas súas faixas de xestión de biomasa ou en superfícies sobre as que o concello teña a cesión de aproveitamento. Incluirase ao desbroce de noiros e/ou plataforma cando sexa necessário. ao obxecto de diminuir a carga de combustible, de xeito que o lume, no caso de producirse avance con máis lentitude, menor intensidade e se facilite a actuación dos medios de defensa.
TERCEIRO.-COMPOSICIÓN E FUNCIÓNS DA BRIGADA DE INCENDIOS:
A brigada de incendios estará composta por un xefe de brigada, tres peóns e un peón conductor.
As funcións a realizar por tódolos membros integrantes da brigada serán as que se especifican a continuación:

-Labores encamiñadas á prevención que diminúan o risco de propagación e minores os danos dos incendios, no caso de producirse. Estes traballos desenvolveranse en faixas de xestión de biomasa ou nos terreos forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido, así como en vías e camiños forestais da súa titularidade cando non sexa posible mecanizar estes traballos.
-Os traballos consistirán en actuacións manuais en vías e camiños forestais, áreas cortalumes e faixas de xestión de biomasa mediante roza, rareo e eliminación de restos nos tres meses de operatividade da brigada ou a súa parte proporcional. Os restos procedendes destes traballos trituraranse mecanicamente, ou no caso de que non fora tecnicamente posible, poderán quedar acordoados.
CUARTO.- REQUISITOS:
a Comúns a todos os aspirantes Para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, de conformidade co establecido no artigo 56 do EBEP e no ART.50 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
a Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do EBEP ser nacionales de Estados miembros da Unión Europea o calquera que sea su nacionalidade os cónxuges dos españois o dos nacionais de estados miembros de la UE, sempre que non estean separados de dereito nos termos establecidos no artigo 57
de EBEB.
b Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 60 anos. agás o peón conductor que deberá superas o 25 anos de idade c Estar en posesión do carnet de conducir tipo B.
d Posuir as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas para a o desempeño dos traballos, acreditándose a mesma mediante certificado médico. Son excluintes as lesións de corazón, pulmón ou intestinais, os transtornos psicolóxicos, as incapacidades do aparato locomotor, as enfermidades contaxiosas e a obesidade. Nas mulleres tamén será excluinte o embarazo. A cegueira e a sordeira son igualmente causas de exclusión.
e Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para o desenvolvemento de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratara de acceder a mesma categoría profesional á que pertencía.
No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
f Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de Celga 3 ou o curso de iniciación, nos termos establecidos na disposición adicional 1 da Orde de 16 de xullo de 2007.

Anuncio publicado en: Num BOP 134 año 2020 12/06/2020
11/06/2020 08:00:00
11:30:09

-Traballos de vixilancia e defensa contra os incendios forestais: As brigadas colaborarán prioritariamente con respecto a outros traballos na defensa contra os incendios forestais integrándose no dispositivo do Distrito Forestal onde se sitúe o concello, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, de montes e no artigo 48.6
da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios e o Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais e o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia en adiante Pladiga.Así mesmo, cando concurran razóns extraordinarias, poderán colaborar na defensa de incendios declarados noutros ámbitos territoriais, dentro da Comunidade Autonóma de Galcia, sen perxuizo da correspondente indemización polos gastos ocaisionados.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/06/2020

Page count14

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions