Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 133 xoves, 11 de xuño de 2020

BOP Lugo
seus descendentes e o seu cónxuxe, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade dependentes. Tamén os estranxeiros/as dun estado non integrado na U.E. que teña residencia legal en España e poida acceder sen limitacións ao mercado laboral.
b Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa.
c Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas a que se aspira, non padecendo enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións que lle son propias. Con carácter previo á contratación realizarase un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo para garantir as condicións de saúde para o traballo a realizar. De non superar os mesmos, non terán dereito á contratación, aínda que foran previamente seleccionados para elo.
d Non estar incurso/a en causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente .
e Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas nin atoparse inhabilitado para o desenvolvemento de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso de ser nacional de outro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sometido/a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. No caso de ser seleccionado/a para o posto, acreditarase mediante declaración normal baixo xuramento ou promesa.
f Estar en posesión do permiso de conducir Clase B.
Deberán cumprir estes requisitos na data de presentación da instancia Anexo II da convocatoria. Ademais os aspirantes deberán presentar documentación acreditativa da posesión dos méritos alegados, que probe e de fe da posesión dos mesmos e a fotocopia compulsada do D.N.I. ou documento que acredite a súa identidade.
Non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles méritos que non queden debidamente acreditados e que non se presentaran xunto coa instancia Anexo II da convocatoria.

3.1 Os que desexen formar parte no proceso selectivo, deberán presentar solicitude no modelo oficial Anexo II
da convocatoria que estará a disposición dos interesados nas dependencias administrativas do Concello de Friol e na sede electrónica do Concello de Friol friol.sedelectronica.gal dirixidas ao Sr. Alcalde Presidente do Concello de Friol.
3.2 Para ser admitido/a ao proceso de selección os/as aspirantes manifestarán na súa solicitude de participación, que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas no apartado 2º das presentes bases.
3.3 Coas instancias deberanse acompañar tódolos documentos xustificativos dos méritos alegados conforme ao baremo que figura na presente convocatoria. A falta de acreditación dos méritos alegados na correspondente instancia, determinará a imposibilidade de valoración dos mesmos.
3.4 O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, anuncio que tamén se publicará no taboleiro do concello e na sede electrónica do Concello de Friol friol.sedelectronica.gal 3.5 As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Friol en horario de 9 a 14 horas en días laborais Praza de España, 4 de Friol, ou ben nos lugares e na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Xunto coa instancia deberase presentar a seguinte documentación, orixinal ou copia cotexada:
-

Fotocopia do D.N.I., pasaporte ou tarxeta de residente cotexada co seu orixinal.

-

Fotocopia do Carné de Conducir cotexada co seu orixinal.

-

Declaración responsable, asinada polo/a aspirante, de cumprir os requisitos no apartado 2 das presentes bases, segundo o modelo que figura nestas bases como Anexo II.

-

Relación Anexo III, segundo a orde que se establece no apartado sexto, dos méritos que os/as aspirantes aleguen para a súa valoración no concurso e a fotocopia cotexada dos documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido no mencionado apartado.

Se a solicitude se presentara por Correo postal, se deberá remitir ao Fax do Concello de Friol 982375206 ou ao correo electrónico emprego@concellodefriol.es comunicando a presentación da solicitude, co selo de Correos antes da data de expiración do prazo o documento xustificativo correspondente. Sen este requisito a solicitude non será admitida en ningún caso, cando chegue con posterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes.
4.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES.Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución, declarando aprobada a lista provisoria de admitidos/as e excluídos/as.

Anuncio publicado en: Num BOP 133 año 2020 11/06/2020
10/06/2020 08:00:00
12:18:04

3.- FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS/AS CANDIDATOS/AS.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/06/2020

Page count34

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions