Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 131 martes, 9 de xuño de 2020

BOP Lugo
Láncara, 3 de xuño de 2020.- O alcalde, Darío A. Piñeiro López.
R. 1068

Anuncio De conformidade co decreto de 3 de xuño faise pública a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para prevención e defensa contra incendios forestais no marco do Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Láncara para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural:
- Un xefe de brigada.
- Un peón condutor - Tres peóns - Tres condutores de VMB
- Un tractorista.
A convocatoria e as bases aprobadas están colgadas na sede electrónica do Concello de Láncara na seguinte dirección http:/lancara.sedelectronica.gal.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte á data de publicación.
Láncara, 3 de xuño de 2020.- O alcalde, Darío A. Piñeiro López.

Anuncio Información pública O Pleno do Concello en sesión ordinaria realizada o día 4 de xuño de 2020 aprobou inicialmente a modificación de créditos nº 7/2020, de concesión de suplementos de crédito, financiados con cargo ó remanente líquido de tesourería e a base 10 de execución do orzamento, consonte ó disposto no Texto refundido da lei reguladora das facendas locais por importe de 15.000,00 euros.
O expediente expoñense ao público, mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por quince días, durante os cales os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións artigo 170 do TRLFL. O expediente considerarase definitivamente aprobado si durante o citado prazo non se presentan reclamacións.
Láncara, 5 de xuño de 2020.- O alcalde, Darío A. Piñeiro López.
R. 1102

MEIRA
Anuncio Aprobado pola Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión celebrada o día 18 de maio de 2020 o Padrón de Vados e entrada por beirarrúas correspondente ao ano 2020.
Por medio do presente faise público que durante o prazo de un mes contado a partir do día da inserción do presente edicto no B.O. da Provincia de Lugo, queda de manifesto na Secretaría deste Concello ao obxecto de que poida ser examinado e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes, considerándose definitivamente aprobado no caso de que non se produzan reclamacións contra o mesmo.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 1684/1990, de 20 de decembro, na súa modificación dada polo Real Decreto 448/1995, de 24 de marzo, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario dende o 15 de xullo de 2020 ata o 15 de setembro de 2020.
A presente publicación, nos dous supostos edicto de exposición ó público do padrón e anuncio de cobranza, en fase voluntaria surtirá efectos de notificación colectiva da liquidación tributaria, ó amparo do establecido no citado artigo 124 da Lei Xeral Tributaria.
Transcorridos os prazos anteriores, as cotas non pagadas, esixíranse pola vía de constrinximento, cas correspondentes recargas que fixa o regulamento de recadación sendo remitidas á Excma. Deputación Provincial
Anuncio publicado en: Num BOP 131 año 2020 09/06/2020
08/06/2020 08:00:00
10:19:08

R. 1069

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/06/2020

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions