Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 131 martes, 9 de xuño de 2020

BOP Lugo
R. 1040

FOZ
Anuncio CONVOCATORIA PARA ELECCIÓN DE XUÍZ DE PAZ TITULAR E SUBSTITUTO DO MUNICIPIO DE FOZ
De conformidade co acordo da Sala do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 12 de marzo de 2020 rexistrado nesta entidade local o 24/03/2020, co nº 2020-E-RC-1295, e á vista do próximo vencemento do período de catro anos de vixencia de nomeamento de Xuíz de Paz TITULAR e SUBSTITUTO deste municipio, de conformidade co disposto no artigo 101 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial e no Regulamento 3/1995, do 7 de xuño, dos Xuíces de Paz, publícase a seguinte convocatoria aprobada mediante Decreto de Alcaldía n.º 2020-0328 de data 01.06.2020:
PRIMEIRO: Aprobar a convocatoria para elección de Xuíz de Paz TITULAR e SUBSTITUTO do Municipio de Foz, de conformidade co disposto no artigo 101 da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial e no Regulamento 3/1995, do 7 de xuño, dos Xuíces de Paz.
1º.- OBXECTO:
Elección de Xuíz de Paz TITULAR e SUBSTITUTO do Concello de Foz.
2º.- REQUISITOS DOS SOLICITANTES:
- Ser español e maior de idade
- Non estar incurso nalgunha situación de incompatibilidade, descritas nos artigo 389 e 395 da Lei orgánica do Poder Xudicial.
3º.- INCOMPATIBILIDADES:
As causas de incompatibilidade ás que se refiren os artigos 389 e seguintes da L.O.P.X. operarán con posterioridade ao nomeamento, mediante opción que efectúan os nomeados. O exercicio de actividades profesionais ou mercantís non constitúen causa de incompatibilidade.
4º.- PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no B.O.P. de Lugo, no rexistro xeral do Concello, en días laborables e horas de oficina, ou calquera dos medios a que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
5º.- DOCUMENTACIÓN:
- Solicitude conforme modelo que se facilite polo Concello e que se publicará no tabolerio de anuncios electrónico, sito na sede electrónica deste Concello: http concellodefoz.sedelectronica.es.
- Fotocopia compulsada do D.N.I.
- Certificación negativo de antecedentes penais do que non resulte vixente condena por delito.
- Copia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos que alegue o solicitante.
Foz, 2 de xuño de 2020.- O Alcalde, Francisco Cajoto Caserio.
R. 1041

Anuncio Por Decretos de Alcaldía de datas 9 de Marzo e 28 de Maio de 2020, aprobáronse os Padróns da taxa pola prestación do servizo de escolas deportivas dos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2020, así como a apertura dun período de información pública por prazo de vinte días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no B.O.P. para consultar o seu contido e presentar as alegacións que estimen oportunas, rematado este prazo sen presentarse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados.
O período de cobro en período voluntario fíxase entre o 1 de xuño e o 31 de xullo de 2020.
Ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso en período voluntario iniciarase o procedemento executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as débedas as recargas do período executivo así como os correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26, 27 e 28 da Lei Xeral Tributaria.

Anuncio publicado en: Num BOP 131 año 2020 09/06/2020
08/06/2020 08:00:00
10:19:08

- Non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade previstas no artigo 303 da Lei orgánica do Poder Xudicial.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/06/2020

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions