Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 129 sábado, 6 de xuño de 2020

BOP Lugo
aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais e nas bases específicas para a praza que se opte, ao Sr. Alcalde-Presidente deste Concello.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas As solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello, e se fagan a través doutros medios sinalados na Lei 39/2015, deberán comunicalo mediante fax ao núm. 982.462 102, remitindo copia anexa da solicitude de participación no proceso selectivo. Serán excluídas todas aquelas solicitudes que non remitiran este avance ao fax citado.
O prazo de presentación será de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
A solicitude de participación no proceso selectivo, deberá ser cumprimentada debidamente polos/as aspirantes.
Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose inhábil o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.
QUINTO.- DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACOMPAÑAR NECESARIAMENTE Á SOLICITUDE.
5.1.- COPIA COTEXADA DO DNI OU PASAPORTE.
Ademais, os/as aspirantes estranxeiros/as, deberán presentar documentos que acrediten que son nacionais da Unión Europea ou dalgúns dos Estados aos cales, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexan de aplicación a libre circulación de traballadores.
5.2.- COPIA COTEXADA DA TITULACIÓN ESIXIDA EN CADA POSTO CONCRETO.
5.3.-COPIA COTEXADA DA TARXETA CO NÚMERO DE AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL.
5.4.- COPIA COTEXADA DO TÍTULO DE GALEGO ESIXIDO EN CADA POSTO CONCRETO.

5.6.- DECLARACIÓN RESPONSABLE SEGUNDO O ANEXO.
5.7.- OS/AS ASPIRANTES CON DISCAPACIDADE DEBERÁN FACELO CONSTAR NA SOLICITUDE, CO FIN DE
FACER AS ADAPTACIÓNS DE TEMPO E MEDIOS NECESARIOS, PARA GARANTIR A IGUALDADE DE
OPORTUNIDADES CO RESTO DOS ASPIRANTES. Os interesados deberán formular petición expresa de participar no proceso de selección polo turno de discapacidade cando este estivese previsto debendo aportar o ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de calificación do grado de discapacidade, acreditando a/s deficiencia/s que deran orixe ó grado de discapacidade recoñecido, a efectos de que o tribunal poida valorar a procedencia ou non da concesión da adaptación solicitada.
5.8.- CERTIFICADO MÉDICO ACREDITATIVO DE NON PADECER ENFERMIDADE OU DEFECTO FÍSICO QUE
IMPIDA EXERCELA FUNCIÓN PROPIA A DESENROLAR E DE ESTAR APTO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS
FÍSICAS CITADAS NA CONVOCATORIA. No certificado médico deberase expresar claramente por parte do facultativo que o aspirante non padece enfermidade ou defecto físico que lle impida exercer a función propia de Auxiliar da Policía Local así como de estar apto para a realización das probas físicas citadas nas bases específicas da convocatoria.
SEXTO.- TRIBUNAL DE SELECCIÓN.
A designación das persoas que constitúan o Tribunal e competencia da alcaldía e será acorde co previsto no artigo 34 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia. De acordo co citado artigo, epígrafe 4, a/o secretaria/o forma parte do Tribunal con voz e voto.
Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición haberá de axustarse os principios de imparcialidade e profesionalidade das persoas que os integren, tendéndose, asimesmo, a paridade entre muller e home.
En ningún caso poden formar parte dos órganos de selección o persoal de elección ou de designación política, persoal funcionario interino ou laboral temporal, o persoal eventual, nin as persoas que nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas ou colaborasen durante ese período con centros de preparación de opositores.
A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.
Os membros dos órganos de selección deben pertencer a un corpo, escala ou categoría profesional para o ingreso no cal se requira unha titulación de nivel igual ou superior o exixido para participar no proceso selectivo.
Os órganos de selección estarán constituidos por cinco persoas titulares e cinco suplentes, presidente/a, tres vogais e secretario/a, tal e como figura a continuación.

Anuncio publicado en: Num BOP 129 año 2020 06/06/2020
05/06/2020 08:00:00
11:35:34

5.5.- COPIA COTEXADA DO CARNÉ DE CONDUCIR, DE SER NECESARIO.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/06/2020

Page count38

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions