Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/06/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 128 venres, 5 de xuño de 2020

BOP Lugo
fortalecer a seguridade xurídica das administracións públicas galegas e dos cidadáns na prevención e defensa contra os incendios forestais.
A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ten por obxecto establecer o marco normativo dos montes e terreos forestais existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, e será aplicable a todos os montes ou terreos forestais do territorio.
A Lei 3/2007,do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, estrutura o planeamento de defensa do espazo rural fronte aos incendios forestais, en varios niveis: galego, de distrito, municipal e inframunicipal. No seu artigo 7 atribúe a competencia dos concellos de elaborar e aprobar os plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais, adoptar as medidas de prevención de incendios forestais que lles correspondan en terreos que lles sexan da súa titularidade, ordenar a execución das obras necesarias para conservar e manter o solo e a biomasa vexetal nas condicións precisas que eviten os incendios, e de forma máis concreta a ordenación e execución subsidiaria da xestión da biomasa, así coma o deber de xestionar as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e as faixas laterais das redes viarias da súa titularidade.
Neste marco, o planeamento a nivel municipal integrará nos plans de emerxencias municipais as actuacións de prevención e defensa contra os incendios forestais, con arranxo ó previsto na lexislación galega de emerxencias, sendo a Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, sobre protección civil, a Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia Platerga e o Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia Peifoga.

Este obxectivo fundamental concrétase nunha serie de accións sobre o territorio que buscan organizar a xestión da biomasa en zonas estratéxicas, especialmente aquelas declaradas de alto risco de incendio, unido á construción e mantemento de faixas exteriores de protección de zonas poboadas, o tratamento de áreas forestais nun esquema de intervención segundo modelos silvícolas previamente establecidos, no ámbito da defensa de persoas e bens e a defensa dos montes.
A redacción do presente Plan pretende, por tanto, aportar un documento que conteña as accións necesarias para a defensa contra os incendios forestais efectuando unha análise da situación actual, e establece unha zonificación do territorio como marco das directrices de actuación a realizar para acadar os obxectivos propostos.
1.3 Aprobación do Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais É competencia dos concellos elaborar e aprobar os plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais, e integralos nos plans de emerxencias municipais, de acordo co previsto na lexislación galega de emerxencias.
Os plans deberán ser redactados por técnicos competentes en materia forestal. A estrutura deste plan, ven definida no artigo 16 da Lei 3/2007, e axustarase ás directrices que estableza a normativa aplicable en materia de emerxencias.
Será a dirección xeral competente en materia forestal quen emita informe preceptivamente e con carácter vinculante sobre os plan municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais antes da súa aprobación. O ámbito do plan poderá ser de todo o concello ou ilo desenvolvendo por zonas.
A coordinación e a xestión do planeamento municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais compétenlle a alcaldía. A elaboración, execución e actualización deste planeamento ten carácter obrigatorio.
Os plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais deberán adaptarse ao disposto nesta Lei nun prazo de cinco anos desde a súa entrada en vigor.
2 ÁMBITO TERRITORIAL
O marco xeográfico obxecto do presente Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais é o concello de Pedrafita do Cebreiro, localizado na provincia de Lugo, dentro do Distrito Forestal VII FonsagradaOs Ancares.
2.1 Situación, límites e superficies Situación O concello de Pedrafita do Cebreiro sitúase na provincia de Lugo. As súas coordenadas xeográficas son:

Anuncio publicado en: Num BOP 128 año 2020 05/06/2020
04/06/2020 08:00:00
12:05:31

O obxectivo principal do presente Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, en cumprimento do establecido na Lei 3/2007, é a definición da rede de faixas secundarias de xestión de biomasa, formadas por un conxunto de parcelas lineais do territorio estratexicamente localizadas, e garantir o control e a eliminación total ou parcial da biomasa forestal, mediante técnicas silvícolas axeitadas, co fin principal de reducir o risco de incendio e protexer a seguranza das persoas.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/06/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/06/2020

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions