Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 068 martes, 24 de marzo de 2020

BOP Lugo
orzamentos municipais e demais disposicións legais vixentes en materia de retribucións do persoal ao servizo das administracións públicas.
O nivel complemento de destino correspondente a esta praza é o 16.
6. Requisitos das persoas aspirantes.
Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
a Ter nacionalidade española ou atoparse comprendido/a no eido de aplicación do artigo 57 do TREBEP.
b Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que aspira, sen que se padeza enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.
A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.
c Ter cumpridos 16 anos de idade, e non exceder da idade establecida como máxima para o ingreso nun corpo ou escala, así como non exceder no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
d Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración Pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentenza firme.
e Estar en posesión ou en condicións de obtelo na data de terminación do prazo de presentación de instancias da titulación de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria artigo 42 da Lei 2/2015, do 2 de abril, de emprego público en Galicia ou titulacións equivalentes ou superiores que habiliten para o acceso á praza convocada.

As titulacións non expedidas en España deberán estar debidamente convalidadas polo ministerio competente en materia de educación.
Dito requisito deberá acreditarse mediante a presentación da copia do título.
f Non estar incurso en ningún dos supostos de incompatibilidade previstos na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
De presentar esta documentación os/as aspirantes que estean en posesión do Celga 3 ou Iniciación á lingua galega ou equivalente como mínimo estarán exentos da realización de proba de acreditación do coñecemento do galego.
Requisito que deberá acreditar coa presentación da copia do mesmo.
De non acreditarse o coñecemento do galego por non presentar méritos neste apartado será obrigatoria a realización dun exercicio na data fixada polo Tribunal.
7.- Presentación de instancias.
As solicitudes dirixiranse ao Alcalde-Presidente do Concello de Meira, e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Meira no prazo dos vinte 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
A citada solicitude conterá, alomenos, os datos persoais da persoa solicitante, enderezo, núm. de teléfono fixo/móbil, enderezo de correo electrónico e a denominación da praza convocada á cal opta.
As solicitudes tamén poderán presentarse nas demais formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
No caso de presentase as solicitudes en lugar distinto do rexistro xeral deste Concello, deberá remitirse ao correo concello.de.meira@eidolocal.es copia da instancia dentro do citado prazo de presentación de solicitudes.
O Concello porá a disposición das persoas interesadas un modelo de solicitude nas oficinas do Rexistro municipal e a través da súa páxina web www.concellodemeira.com.
Non será necesaria a compulsa dos documentos que se presenten fotocopiados, sen prexuízo de que, en calquera momento, o Tribunal cualificador ou os órganos competentes do Concello de Meira poidan requirir ás persoas aspirantes que acrediten a veracidade das circunstancias e documentos achegados.
Xunto coa solicitude achegarase obrigatoriamente:

-

Fotocopia do DNI.

-

Fotocopia do certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega, Celga 3 ou equivalente.

-

Declaración responsable de cumprir os requisitos sinalados na base sexta.

Anuncio publicado en: Num BOP 68 año 2020 24/03/2020
20/03/2020 08:00:00
11:59:48

Así mesmo, atenderase ao diposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de Graduado en ESO e de Bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, modificada pola Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date24/03/2020

Page count11

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions