Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 064 mércores, 18 de marzo de 2020

BOP Lugo
2. A solicitude para ingresar como acompañante deberá presentarse no momento en que se formule a solicitude principal e seguindo o mesmo procedemento, de xeito que ambos ingresen de modo simultáneo ou con posterioridade.
3. Non se recoñecerá o dereito de acompañamento a aquelas persoas que requiran coidados específicos que non poidan atenderse no centro residencial.
ARTIGO 10. RESOLUCIÓN DE ASIGNACIÓN DE PRAZA
1. Sen prexuízo do disposto nesta ordenanza para os supostos de emerxencia social, correspóndelle ao órgano municipal competente para resolver, a asignación da praza vacante en cada momento, tendo en conta a distribución de prazas por grao de dependencia establecida no Convenio co Consorcio.
2. A efectos de asignación de Praza, equipáranse os graos de dependencia recoñecidos coa seguinte puntuación obtida no Informe de Barthel, en aplicación do Baremo establecido no Anexo ll para o Factor 1 de Autonomía Persoal:
Grao de dependencia recoñecido I
Sen grado
Puntos acadados no Índice de Barthel 100 puntos ou 90 en cadeira de rodas 100 puntos 90 en cadeira de rodas
3. A prelación de acceso ás prazas para quen está en situación de dependencia l ou sen grao, será, igualmente, a determinada pola aplicación sucesiva dos seguintes criterios:
a. A menor puntuación obtida no Baremo de Autonomía Persoal establecido no Anexo ll desta disposición.
b. No caso de igual puntuación, a non percepción doutra prestación ou servizo público calquera que sexa a súa titularidade.

d. No caso de igualdade novamente, a inexistencia de rede social de apoio, acorde co Anexo ll desta disposición.
e. Se persistise a igualdade, a idade da persoa destinataria.
f. Por último, a data de presentación da solicitude principal.
4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de tres 3 meses contados dende a data en que a solicitude teña entrada no rexistro municipal. Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución expresa, as solicitudes entenderanse desestimadas.
ARTIGO 11. RENUNCIA DA PRAZA
1. O/A solicitante ou quen exerza a súa representación legal poderá renunciar á solicitude realizada, ante os servizos sociais comunitarios do concello de Baleira ou ante o Consorcio, quen, na súa vez, informará aos Servizos sociais comunitarios.
2. Formalizada a renuncia, arquivarase a solicitude e porase fin ao expediente de conformidade co artigo 94
disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
ARTIGO 12. APRAZAMENTO DO INGRESO
1. Cando, por causas de forza maior ou por razón de ingreso hospitalario, non se produza o ingreso dentro do prazo previsto, a persoa interesada antes de finalización deste prazo, poderá solicitar o aprazamento do Ingreso ante o Consorcio, quen informará aos Servizos sociais comunitarios.
2. De ser o caso, a súa Praza será cuberta por outra persoa.
3. Desaparecida a causa que xustifica o aprazamento, incorporarase na primeira Praza vacante que se produza no servizo previamente recoñecido.
ARTIGO 13. COMISIÓN DE ASIGNACION DE PRAZA
A Comisión de Asignación estará constituída:
AlcaldePresidente, ou persoa en quen delegue.
e técnico/a de servizos sociais. Con funcións de secretario/a da comisión.

As funcións desta Comisión son:

Anuncio publicado en: Num BOP 64 año 2020 18/03/2020
17/03/2020 08:00:00
10:59:36

c. No suposto de igualdade cos criterios anteriores, a menor capacidade económica.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/03/2020

Page count44

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions