Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 060 venres, 13 de marzo de 2020

BOP Lugo
14:00 h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento.
O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.
Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constriximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.
A falta de pagamento do Canon da Auga e do Coeficiente de Vertedura, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuíente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga e do Coeficiente de Vertedura poderá ser obxecto de reclamación económico administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019, A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas Mayra García Bermúdez.
R. 0580

CONCELLOS
MURAS
O abeiro do disposto no artigo 17.4 do RDL 2/2004, de 5 de marzo que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, procédese á publicación do texto íntegro da Ordenanza reguladora da taxa pola concesión de nichos no cemitério municipal do Concello de Muras, aprobada inicialmente polo Concello Pleno en data 26 de decembro de 2019, e estando sometido a información pública o devandito acordo polo prazo de trinta día hábiles, previa publicación do correspondente anuncio no taboleiro de edictos e no BOP núm. 16 de data 21 de xaneiro de 2020, sen que nese tempo se presentasen reclamacións, considerase definitivamente adoptado o citado acordo.
Contra o acordo descrito no parágrafo anterior, poderán os interesados interpoñer directamente o recurso contenciosoadministrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao de publicación deste Edicto. Poderán así mesmo interpoñer calquera outro que estimen axeitado.
ORDENANZA FISCAL TAXA POLA CONCESIÓN DE NICHOS NO CEMITERIO MUNICIPAL CONCELLO DE MURAS
Artigo 1 Fundamento e natureza En uso das facultades recoñecidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e no artigo 106 da Lei 7/1985, do 2
de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos art. 15 a 19 do Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "Taxa pola concesión de nichos no cemiterio municipal no Concello de Muras Artigo 2 Feito impoñible A débeda tributaria determinarase polo sistema de cota fixa.
Artigo 3 Obrigados tributarios 1.Son obrigados tributarios contribuíntes os solicitantes da concesión e, no seu caso, os titulares de dereitos regulados nesta Ordenanza.
2. Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
3. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o art.
43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 4 Exencións e bonificacións Só serán de aplicación aqueles beneficios fiscais que estean recoñecidos en norma con rango de lei ou en tratados internacionais validamente celebrados.
Estarán exentos, os servizos que se presten con ocasión de:

Anuncio publicado en: Num BOP 60 año 2020 13/03/2020
12/03/2020 08:00:00
11:03:03

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/03/2020

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions