Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 059 xoves, 12de marzo de 2020

BOP Lugo
b Fotocopia do titulo académico esixido. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá posuír o documento que acredite de maneira fidedigna a súa homologación.
c Tarxeta de demanda de emprego actualizada ou documento acreditativo de estar desempregado.
d Acreditación da posesión do nivel de idioma galego esixido nas bases. De carecer desta acreditación, o/a aspirante someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma galego prevista nas bases.
e Documentación acreditativa dos méritos alegados.
Deberase acompañar á solicitude as xustificacións documentais debidamente compulsadas dos méritos que desexen alegar en relación coa praza que se convoca.
No caso se presentarse a documentación a través da sede electrónica do Concello de Burela admitirase que se acredite mediante a achega de copia auténtica cos requisitos e conforme ao establecido no artigo 27 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, documento electrónico orixinal ou que conteña un código xerado electronicamente ou outro sistema de verificación que permita contrastar a autenticidade da copia mediante o acceso aos arquivos electrónicos do órgano ou organismo publico emisor.
Non se valorarán os méritos que non estean acreditados documentalmente ou que, a xuízo do Tribunal, non estean suficientemente acreditados.
Os méritos aos que se fai referencia deberán posuírse na data de remate do prazo de presentación de instancias, computándose en calquera caso ata a citada data.
A non acreditación dos méritos alegados conforme se sinala no apartado anterior determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fora do prazo de presentación de instancias xa que non poderá emendarse. Tampouco se requirirá aos/ás interesados/as para que os acrediten.
Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os/as interesados/as aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.

6.1. Lista provisional. Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución aprobando a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as neste caso con indicación das causas que dean lugar á exclusión, que se fará pública na sede electrónica https burela.sedelectronica.es e no Taboleiro de Edictos do Concello, exclusivamente.
Ademais, en dita resolución fixaranse os titulares e os suplentes que conformarán o Tribunal Cualificador.
Figurar na relación de admitidos non suporá que se lles recoñeza aos aspirantes estar en posesión dos requisitos esixidos nos procedementos que se convocan. Cando da documentación que debe presentarse logo de ter superado o procedemento de selección se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en tódolos dereitos que se puidesen derivar da súa participación nos procedemento de selección.
6.2. Prazo de alegacións. Concederase un prazo improrrogable de 5 días naturais para reclamacións á lista provisional e emenda de defectos, a contar dende o seguinte ao da súa publicación na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello. Si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
As alegacións deberán presentarse por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
Dado o carácter urxente da convocatoria, a presentación de reclamacións por calquera outro medio distinto ao de presentación no Rexistro Xeral do Concello de Burela, deberá se comunicada por fax 982585945 ou correo electrónico controldexestion@burela.org dentro do prazo de 5 días naturais sinalado anteriormente.
O prazo de emenda non é de aplicación respecto dos méritos alegados pero non aportados. Os erros de feito poderanse emendar en calquera momento, de oficio ou por pedimento dos interesados, de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015.
4.3. Lista definitiva. As reclamacións/alegacións sobre as exclusións provisionais serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se fará pública da mesma maneira que a provisional.
Para os efectos de axilizar o procedemento, de non presentarse reclamacións dentro do prazo establecido ou se as alegacións non foran suficientes para a súa consideración, a resolución de admitidos/as e excluídos/as poderase entender elevada a definitiva, sen necesidade de nova publicación. No caso de non existir excluídos a lista provisional ditarase con carácter de definitiva.
7. -TRIBUNAL DE SELECCIÓN.
7.1. COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL.
O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do EBEP e estará integrado por 5
membros titulares e 5 suplentes 1 presidente e 4 vogais podendo actuar indistintamente titulares e suplentes.
O secretario será un dos vogais.
Os membros do Tribunal terán todos voz e voto.

Anuncio publicado en: Num BOP 59 año 2020 12/03/2020
11/03/2020 08:00:00
13:50:41

6.- LISTA DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/03/2020

Page count15

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions