Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 058 mércores, 11 de marzo de 2020

BOP Lugo
O Alcalde do Concello de Alfoz, mediante Decreto da Alcaldía nº 120 de data 26 de febreiro de 2020 resolveu:
Alfoz, 5 de marzo de 2020.- Alcalde, Jorge Val Díaz.
R. 0558

BÓVEDA
Anuncio APROBACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS PARA OS EXERCICIOS 2020 a 2025
O Pleno do Concello de Bóveda, en sesión ordinaria celebrada en data 30/12/2019, aprobou o Plan Estratéxico de Subvencións para os exercicios 2020 a 2025, polo que en cumprimento do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas -LPACAP-, faise público para xeral coñecemento.
Contra este acordo cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia na forma e os prazos que establecen as normas reguladoras da devandita xurisdición.

O artigo 8.1 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións -LXS-, establece que os órganos das Administracións Públicas ou calquera entes que propoñan o establecemento de subvencións, con carácter previo, deberán concretar nun Plan Estratéxico de Subvencións os obxectivos e efectos que se pretenden coa súa aplicación, o prazo necesario para a súa consecución, os custos previsibles e as súas fontes de financiamento.
Á súa vez, a Disposición Final Primeira da devandita lei establece que o referido artigo ten carácter básico, resultando de aplicación a todas as Administracións Públicas.
Por tanto, en cumprimento da devandita norma, é necesario elaborar polo Concello un Plan Estratéxico de Subvencións, que terá carácter previo á concesión das mesmas e unha duración plurianual. No Plan Estratéxico contémplanse as áreas e materias a fomentar, así como os obxectivos e efectos que se pretenden conseguir co outorgamento das subvencións e a súa fonte de financiamento.
Visto o informe emitido polo Secretario Municipal.
Visto o informe emitido polo Interventor Municipal.
Visto o ditame favorable da Comisión Informativa de Asuntos do Pleno, o pleno da corporación, por cinco votos a favor do Grupo Municipal Popular e tres abstencións do Grupo Municipal Socialista, ACORDA
PRIMEIRO.- Aprobar o Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Bóveda, para os exercicios 2020 e 2025, que é do seguinte tenor literal:
PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS PARA OS EXERCICIOS 2020 a 2025
PREÁMBULO
A Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións -LXS-, supón un paso máis no proceso de perfeccionamento e racionalización do sistema económico. Un dos principios que rexe a Lei é o da transparencia que, xunto coa variedade de instrumentos que se articulan na lei, redunda de forma directa nun incremento dos niveis de eficacia e eficiencia na xestión do gasto público subvencional.
O artigo 8.1 LXS establece que os órganos das Administracións Públicas ou calquera entes que propoñan o establecemento de subvencións, con carácter previo, deberán concretar nun Plan Estratéxico de Subvencións os obxectivos e efectos que se pretenden coa súa aplicación, o prazo necesario para a súa consecución, os custos previsibles e as súas fontes de financiamento.
No mesmo senso dispón o artigo 5.1 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, que é de aplicación ás entidades locais de Galicia, recolle dita obriga.
Á súa vez, a Disposición Final Primeira LXS dispón que o referido artigo ten carácter básico, resultando de aplicación a todas as Administracións Públicas.
De conformidade co disposto no artigo 11.4 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, os plans estratéxicos conterán
Anuncio publicado en: Num BOP 58 año 2020 11/03/2020
10/03/2020 08:00:00
09:52:03

A Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións -LXS-, supón un paso máis no proceso de perfeccionamento e racionalización do sistema económico. Un dos principios que rexe a Lei é o da transparencia que, xunto coa variedade de instrumentos que se articulan na lei, redunda de forma directa nun incremento dos niveis de eficacia e eficiencia na xestión do gasto público subvencional.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/03/2020

Page count17

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions