Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 057 martes, 10 de marzo de 2020

BOP Lugo
Lugar de presentación: Será no Rexistro Xeral do Concello ou a través das formas establecidas na vixente Lei do Procedemento Administrativo Común.
BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DUN EMPREGO: AUXILIAR
DE AXUDA NO FOGAR, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL, A TRAVÉS DO SISTEMA DE CONCURSOOPOSICIÓN, PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE ALFOZ PROGRAMA: FOMENTO DE EMPREGO 2019
E CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL.
1. OBXECTO.
Constitúe o obxecto das presentes bases específicas, que complementan as bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal para prestar servizos no concello de Alfoz publicadas no BOP de Lugo de data 23 de novembro de 2017, a regulación do procedemento de selección mediante sistema de concursooposición do posto de AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR a xornada parcial 50% para reforzo do Servicio de SAF, ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego 2019 de conformidade co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019, publicado no BOP de Lugo de data 2 de marzo de 2019.

-

DENOMINACIÓN: auxiliar de axuda no fogar
-

CATEGORÍA Profesional: Auxiliar de axuda no fogar.

-

Réxime Xurídico: contratación de PERSOAL LABORAL TEMPORAL

-

DURACIÓN DO VÍNCULO de servizo: 6 meses desde a formalización do contrato e cun límite temporal do 30/09/2020.

-

tempo Xornada: A media xornada 50 % xornada.

-

cometido funcional: Efectuará, baixo a dirección de Servizos Sociais do Concello as funcións propias do posto conforme a Ordenanza do Servizo de Axuda no Fogar.

3.- RETRIBUCIÓNS: Soldo correspondente a categoría de Auxiliar de Axuda no Fogar Convenio Colectivo de Axuda no Fogar de Galicia.
4. REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
a Xerais:
Titulación Académica mínima necesaria para participar no proceso selectivo: Título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real Decreto 1593/2011, de 4 de novembro, polo que se establece o Título de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia e se fixan as súas ensinanzas mínimas, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade, ou en condicións de obtelo na data na que se remate o prazo de presentación de solicitudes para participar na presente convocatoria. Deberá acreditarse mediante o correspondente diploma ou certificación da entidade competente.
No suposto de estar en posesión dunha titulación equivalente, xuntarase un certificado expedido polas autoridades académicas competentes ou documentación acreditativa da dita equivalencia.
b Específicos:

- Estar inscrito na Oficina de Emprego en situación de desemprego ou de mellora de emprego para o caso en que a xornada de traballo sexa igual ou inferior o 50% da xornada, que deberá acreditarse con certificación da Oficina de Emprego e cun informe de vida laboral actualizado, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

- Estar en posesión do carné de conducir B vixente, que permita os desprazamentos necesarios aos domicilios dos usuarios.

- Nivel de coñecemento do idioma galego esixido para realizar as funcións da praza/posto/emprego convocado:
CELGA 1 ou se carece desta acreditación a persoa aspirante someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma galego.

Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.
5. SISTEMA DE SELECCIÓN: CONCURSO - OPOSICIÓN.
5.1. FASE DE OPOSICIÓN.
A proba a realizar na fase de oposición será de carácter teórico e a súa finalidade é que as persoas aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específica contidas no programa.

A proba consistirá nun exame tipo test que abrangue a totalidade do programa.

Anuncio publicado en: Num BOP 57 año 2020 10/03/2020
09/03/2020 08:00:00
11:59:07

2. DENOMINACIÓN DO EMPREGO E CARÁCTERÍSTICAS:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/03/2020

Page count27

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions