Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

31

Núm. 055 sábado, 7 de marzo de 2020

BOP Lugo
- No caso de prestacións persoais de servizo, acreditación mediante nómina, factura ou calquera outro medio admitido en dereito.
- No caso de gastos de material, subministracións, etc., orixinal ou fotocopia cotexada das facturas ou documentos acreditativos do gasto substitutivos da factura contemplados no artigo 4 do Real Decreto 1496/2003 representativas dos gastos realizados. As facturas deberán conter, como mínimo, os seguintes requisitos:
-Nome, razón social e NIF ou CIF de quen emite a factura.
-Desagregación do IVE ou imposto correspondente; no caso de exención, deberá facerse constar expresamente na factura.
-Nome, enderezo e NIF ou CIF do beneficiario da subvención, debendo estar estendidos ó nome da Entidade ou, no seu caso, ó do Presidente da agrupación sen personalidade xurídica.
-Descrición, polo miúdo, do servizo prestado.
-Número de factura, data e lugar de emisión e denominación de factura.
Unicamente serán subvencionables os que respondan de maneira indubitada á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido.
O pagamento da subvención concedida farase efectivo unha vez xustificados totalmente os gastos realizados.
No caso de que non se presente a xustificación dentro do prazo, requirirase ao beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobro total da subvención, a esixencia do reintegro e demais responsabilidades previstas na Lei de Subvencións de Galicia.

O incumprimento parcial ou total das condicións establecidas, a desviación da subvención para actividades ou conceptos non estimados no proceso de tramitación e resolución, o incumprimento da obriga de xustificación, a duplicidade de subvencións para un mesmo programa, sempre que non sexan complementarias, constituirán causa determinante para a revogación da subvención concedida, coa conseguinte devolución dos créditos obtidos.
Igualmente, o falseamento ou ocultación dos datos esixidos nas correspondentes convocatorias, dará lugar á cancelación da subvención e á obriga do reintegro das cantidades recibidas.
As cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para a súa cobranza o previsto no Regulamento Xeral de Recadación.
11.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto no Título IV da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
Para o non previsto nestas bases será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, así como as Bases 44 a 51 das de Execución do Orzamento Xeral do Concello de Xermade para o ano 2020.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Xermade, 3 de de marzo de 2020.- O Alcalde, Roberto García Pernas.
R. 0524

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 55 año 2020 07/03/2020
06/03/2020 08:00:00
11:59:04

10.- REINTEGRO DA SUBVENCIÓN.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date07/03/2020

Page count31

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions