Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/03/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 050 luns, 2 de marzo de 2020

BOP Lugo
MONFORTE DE LEMOS
Anuncio APROBACION PADRÓNS TAXA POLO ABASTACEMENTO DE AUGA, TAXA REDE DE SUMIDOIROS e canon auga XANEIROFEBREIRO 2020 E ANUNCIO DE COBRANZA
Por Xunta de Goberno Local do día 24.02.2020 aprobáronse os padróns da Taxa polo abastecemento de auga, a Taxa de rede sumidoiros e Canon de auga do primeiro bimestre 2020 XANEIROFEBREIRO.
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Lei xeral tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados destes padróns.
De conformidade coa Ordenanza xeral de ingresos municipais de dereito público, exporase ao público nun prazo de 20 días, a contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas Locais, contra o acordo de aprobación dos padróns da Taxa polo abastecemento de auga e Taxa pola Rede sumidoiros e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública do padrón.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso -administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13
de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria , fíxase como prazo de pago en período voluntario, dende o día 28.02.2020 ata o 28.04.2020.
De acordo co artigo 24 do Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, ponse en coñecemento, que no período de pago en voluntario sinalado no parágrafo anterior, os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos poderán facer o pago dos mesmos mediante :
1 Ingreso en efectivo en calquera oficina de A Banca en horario de atención ao público.
2 A través de caixeiros automáticos da devandita entidade financeira.
3 A través da páxina web www.aqualia.es.
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse os correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan.
A falta de pagamento en período voluntario do canon suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
Monforte de Lemos, 24 de febreiro de 2020.- O alcaldepresidente, José Tomé Roca.
R. 0469

TRABADA
Anuncio INFORMACION PÚBLICA
Por Decreto da Alcaldía de 20 de febreiro de 2020, prestouse aprobación inicial da Taxa polo abastecemento de auga a domicilio, no que se inclúe o canon da auga correspondente ao 6º bimestre do ano 2019, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no B.O.P de Lugo.
Recurso: Contra o decreto de aprobación do padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, poderá interporse recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da finalización do periodo de exposición ao público do padrón.
Órgano ante o que se recorre: Alcaldía do Concello de Trabada.

Anuncio publicado en: Num BOP 50 año 2020 02/03/2020
28/02/2020 08:00:00
10:53:46

De acordo co artigo 49.7 do Decreto 136/2012 de 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico -administrativa ante o órgano económicoadministrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende se entenda producida a notificación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/03/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/03/2020

Page count13

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions