Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 024 xoves, 30 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
- Empresas que aínda non se constituíran, pero que prevean facelo no prazo máximo de tres 3 meses dende a resolución de acollemento.
- Empresas constituídas en menos de seis 6 meses desde a data de solicitude de acollemento. Considerarase como data de inicio a data que figura no modelo 037 da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
As empresas candidatas deberán contar cun plan de empresa que garanta a permanencia e estabilidade no emprego e desenvolver actividades que se consideren compatibles coas características físicas do Viveiro ou co fin ao que está destinado.
6.- Actividades excluídas.
Quedan excluídas as actividades que a continuación se relacionan:
a Actividades non admitidas polas ordenanzas municipais.
b Empresas non viables técnica e/ou economicamente, segundo informes de consultoría que poida recabar ao efecto pola administración municipal.
c Actividades de risco baixo de incendios, ou de risco medio, agás que se adoptasen as medidas complementarias procedentes. A emisión máxima de ruído non poderá superar os 75 decibelios. No que se refire á potencia máxima eléctrica instalada sería de 10 kilowatios, excepto que se realicen e autoricen os reforzos de liña precisos para incrementar a mesma.
TÍTULO II. SELECCIÓN, ADXUDICACIÓN E CONTRATO.
7. Convocatoria.
1. A selección dos beneficiarios poderase realizar por calquera dos seguintes métodos:

b. Convocatoria continua en función das vacantes e demandas existentes. Finalizado o prazo de convocatoria pública conxunta, en caso de quedaren oficinas vacantes, os interesados poderán presentar as súas solicitudes do modo que se indica neste regulamento. Considerarase que unha serie de proxectos concorren na solicitude do local cando se dispoña, nun prazo inferior a un mes, da documentación completa de dous ou máis proxectos, orientados cara a un mesmo local. Neste caso, os proxectos concorrentes serán sometidos á puntuación establecida neste Regulamento.
2. O órgano competente para a resolución dos procedementos, será a Xunta de Goberno Local do Concello de Paradela, logo do informe do órgano de selección que se designe ao efecto.
3. As convocatorias publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal.
4. Aquelas solicitudes que non sexan aceptadas por falta de espazos dispoñibles, quedarán nunha lista de espera ou fondo de reserva ordenadas por data e hora de presentación, así como pola puntuación obtida no proceso de baremación das solicitudes. No momento en que existan espazos dispoñibles, consultarase a devandita lista para determinar se segue existindo interese do solicitante polo devandito espazo. No caso de que non se amose interese, a solicitude quedará desestimada e eliminada do fondo de reserva.
8.- Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse no modelo establecido polo órgano competente para resolver o procedemento, que se poñerán a disposición dos interesados, polo menos, no Concello de Paradela e na páxina web municipal.
O prazo e presentación e solicitudes non será inferior a un mes desde a publicación destas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
2. As solicitudes deberán presentarse xunto coa documentación requirida no Rexistro do Concello ou por calquera dos medios e formas previstos no apartado 16.4 da lei 39/2015 de 1 de outubro de procedemento administrativo.
No caso de enviar por correo postal, deberá xustificar co resgardo correspondente, á data de imposición do envío na oficina de Correos, e anunciar a remisión da documentación mediante fax, telegrama ou correo electrónico do Concello no mesmo día.
3. A solicitude de acceso ao viveiro municipal de empresas, farase segundo o modelo normalizado. Coa solicitude achegarase á seguinte documentación, referida tanto ao emprendedor/a como aos eventuais socios participes ou integrantes do negocio:
- Memoria descritiva da actividade que se pretende desenvolver, que avale a súa viabilidade económica e técnica, debendo desenvolver unha actividade de carácter industrial, compatible coas características do espazo físico do viveiro e as ordenanzas reguladoras do parque empresarial.
- Fotocopia do DNI
- Currículum vitae
Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2020 30/01/2020
29/01/2020 08:00:00
14:20:34

a. Convocatoria pública conxunta, total ou parcial dos espazos do viveiro, efectuada polo órgano competente para a súa resolución.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/01/2020

Page count15

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions