Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 10 DE XANEIRO DE 2020

N.º 007

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución de corrección de erros do calendario laboral do ano 2020 para a Provincia de Lugo
"Conforme o disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no artigo 1.11 do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da comunidade autónoma será determinada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria. As ditas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia".
Á vista do que antecede, esta Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria elaborou o calendario laboral para 2020 incluíndo dous datas inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito de cadanseu concello, previa proposta dos mesmos. Esta resolución foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do día 6 de novembro de 2019.
O 29 de decembro de 2019 recibiuse nesta Xefatura unha comunicación do Concello de Muras na que comunica que cometeron un erro na designación de datas festivas locais, xa que o día de San Pedro non é o 29 de xullo como se determinou no pleno do 28 de agosto de 2019, senon o 29 de xuño.
Polo que esta Xefatura RESOLVE

Corrixir os festivos locais de Muras do seguinte xeito:

Manter o Martes de Antroido do 25 de febreiro de 2020.
Modificar o día da festa de San Pedro de Muras para o 29 de xuño de 2020.

Publicar o anuncio da corrección de erros no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Lugo, 2 de xaneiro de 2020.- A xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica, por ausencia da Xefa Territorial en virtude dos artigos 62.3 e 63.1 a do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Patricia Dans Grela.
R. 0021

CONCELLOS
BÓVEDA
Anuncio Aprobada inicialmente a Modificación da Ordenanza Fiscal do Prezo Público do Punto de Atención á Infancia do concello de Bóveda co obxecto de Axilizar os trámites administrativos na concesión de bolsas e actualización da Ordenanza á normativa sobre procedemento administrativo en vigor, por Acordo do Pleno de data 30/12/2019, de conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 56 do Texto Refundido de Réxime Local, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días, a contar desde o día seguinte da súa publicación mediante anuncio en o Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Corporación, para que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen oportunas.

Anuncio publicado en: Num BOP 7 año 2020 10/01/2020
09/01/2020 08:00:00
11:29:27

O DECRETO 81/2019, do 27 de xuño publicado no DOG 132, de 12 de Xullo de 2019, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2020, recolle no artigo 2 o seguinte:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/01/2020

Page count9

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions