Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 27 DE XANEIRO DE 2020

N.º 021

CONCELLOS
BEGONTE
Anuncio CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL.
Por Resolución desta Alcaldía de data 21 de xaneiro de 2020, aprobáronse as bases que rexerán a selección - en réxime laboral temporal, polo prazo de oito 8 meses e una xornada parcial do 75% - mediante concurso
oposición, de 1 posto de Peón Tractorista para a Brigada Municipal de Obras e Servizos.
As devanditas bases están a disposición dos interesados na páxina web do Concello www.concellodebegonte.es
e no Taboleiro municipal de anuncios, sendo o prazo de presentación de solicitudes de 5 días naturais a contar desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Begonte, 21 de Xaneiro de 2020.- O Alcalde, José Ulla Rocha.

FRIOL
Anuncio EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día vinte de xaneiro do corrente, prestouse aprobación inicial ao seguinte padróns correspondentes ao cuarto trimestre do ano 2019:
- Padrón da taxa polo abastecemento de auga e I.V.E sobre o seu consumo incluído o canon da auga.
- Padrón da taxa pola recollida do lixo.
- Padrón da taxa polo tratamento e eliminación de residuos.
Así mesmo prestouse aprobación ao padrón da taxa pola rede de sumidoiro do ano 2019.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente, ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago das taxas e canon, indicados previamente, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, considerándose definitivamente aprobados se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no vixente Regulamento Xeral de Recadación e, no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, o comprendido entre o quince de febreiro e o quince de abril de dous mil vinte, ambos inclusive.
Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, o día un de marzo de dous mil vinte, data na que deberán ter saldo suficiente.
O resto dos contribuíntes deberán acudir ás Oficinas Municipais, donde se lles facilitarán os correspondentes recibos para efectuar dito pago.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.

Anuncio publicado en: Num BOP 21 año 2020 27/01/2020
24/01/2020 08:00:00
12:38:33

R. 0141

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/01/2020

Page count7

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions