Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/01/2020

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 14 DE XANEIRO DE 2020

N.º 010

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE ACTAS
Anuncio Aprobado definitivamente o Regulamento de Organización e Funcionamento da Asesoría Xurídica; de conformidade co disposto nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, faise público o texto íntegro do mesmo no seguinte sentido:
REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA ASESORÍA XURÍDICA.
- PARTE EXPOSITIVA.Toda Administración pública está sometida á Lei e ao Dereito. Tal premisa é un dos alicerces da configuración do Estado como social e democrático de dereito, e así se establece na Constitución Española nos artigos 1, 9.1 e 103.
Esta premisa, capital na estrutura administrativa, para que redunde nun beneficio certo no cidadán debe traducirse en cada procedemento administrativo que se xere, para o cal a presenza do asesoramento e control xurídico por parte de persoal especializado é esencial.
Dende esta óptica, a Asesoría Xurídica da Deputación Provincial, e dentro dela, o seu persoal letrado, ten atribuídas as funcións de asesoramento non preceptivo e defensa en xuízo da Administración, tanto provincial como dos concellos que o soliciten.
A magnitude e importancia da función, así como as esixencias da organización propia de toda entidade local, esixiron no ano 2012 a elaboración dun Regulamento que establecera a estrutura da asesoría e a súa incardinación na organización administrativa da Deputación de Lugo, as súas competencias e os procedementos de solicitude de informes. Hoxe, tras máis de sete anos de aplicación, cómpre actualizala norma de cobertura para adaptala, tanto as novas necesidades estruturais e xurídicas, como é a prevención da corrupción
compliance sector públicoimpulsado dende o Consello de Contas de Galicia; como ás propias necesidades de modernización que xorden tras unha voluminosa prestacións de servizos.
A organización que se establece, en virtude da potestade de autoorganización provincial, neste Regulamento pretende dar resposta ás necesidades actuais da Administración na que se integra, mediante o reflexo na súa estrutura interna das dúas vertentes que a asistencia xurídica ten neste tipo de Administración intermedia, que son, por unha banda, o asesoramento e representacións procesual dos concellos, e por outra o asesoramento non preceptivo á Administración provincial e a representación e defensa dos seus intereses en xuízo. A tal fin, o Título II oriéntase decididamente a integrar ambas actividades nunha única Asesoría Xurídica, a fin de cumprir cos principios de eficacia e de economía, racionalizando a estrutura e eliminado custes, permitindo afondar na potenciación do Asesoramento aos concellos, columna vertebral de toda Administración provincial na materia.
Nesta liña racionalizadora, debe entenderse o establecemento da nova organización da Asesoría Xurídica e a súa inserción na estrutura administrativa existente para que se incorpore de pleno dereito á estrutura e dependencia funcional da Dirección da Asesoría Xurídica, nos termos deste Regulamento.
É igualmente importante destacar que se pretende no presente Regulamento establecer, de forma clara, as competencias da Asesoría Xurídica, tanto no servizo que presta aos Concellos como na súa actuación respecto á administración provincial, deslindando especialmente neste último punto o asesoramento facultativo que realiza a Asesoría Xurídica á Deputación do asesoramento preceptivo para o que é competente a Secretaría Xeral da institución provincial.
O establecemento nesta norma dun procedemento para a emisión dos informes, que abarca dende a petición ata a súa emisión e establece os prazos máximos desta, resulta, certamente, un aspecto organizativo importante de cara a unha ordenación material e temporal do traballo da Asesoría que debe traducirse nun máis eficaz asesoramento no eido xurídico e, por tanto, tamén nun incremento da calidade dos actos administrativos correspondentes, en garantía do seu sometemento á lei e ao resto do ordenamento xurídico, tal e como establece o artigo 103 CE.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/01/2020

Page count32

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones