Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/01/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 024 xoves, 30 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
Pantón, 15 de xaneiro de 2020.- O Alcalde, José Luis Álvarez Blanco.
R. 0148

PARADELA
Anuncio Téndose publicado o anuncio de información pública por prazo de 30 días, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 279, de 5 de decembro de 2019, sen que durante o devandito prazo se tivera formulado ningunha reclamación ou suxestión, do acordo ata entón provisional adoptado polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o 28 de novembro de 2019 do Regulamento de funcionamento do Viveiro de Empresas do Concello de Paradela, así como da ordenanza fiscal reguladora do prezo público, consorte ao preceptuado nos artigos 49
e 70 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, faise público o texto íntegro do regulamento e da ordenanza, que entrará en vigor e será de aplicación transcorridos os quince días a que fai referencia o artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación.
Contra o presente acordo poderá interpoñerese recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que establecen as normas reguladoras de dita xurisdicción.
REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO VIVEIRO DE EMPRESAS DO CONCELLO DE PARADELA.
Título I DISPOSICIÓNS XERAIS.
1.- Obxecto.

2.- Finalidade e obxectivos.
O viveiro de empresas ten como finalidade ofrecer a través de cesión temporal un espazo físico equipado para o funcionamento de negocios.
Serán obxectivos do viveiro favorecer a creación e consolidación de novas empresas, a xeración de emprego a través da cesión dun espazo físico de localización, infraestrutura, loxística e servizos ofertados polo viveiro; co fin de contribuír á creación e funcionamento de iniciativas económicas que potencien e diversifiquen o tecido empresarial, xerando riqueza e emprego na localidade.
Para elo creouse un medio idóneo en condicións favorables de prezo e servizos que permita as iniciativas empresariais, desenvolver o seu plan de empresa, nun tempo de estancia limitado, para que estean en situación de competir e actuar en condicións de mercado.
3.- Descrición da instalación.
O viveiro de empresas está situado na nave de usos múltiples, no Parque Empresarial de Paradela. O número de naves industriais para utilización como viveiro de empresas é de 5, coas seguintes superficies:

Departamento 1A: superficie 172,38 m planta baixa.

Departamento 1B: superficie 317,00 m planta baixa.

Departamento 3: superficie 317,00 m2 planta baixa.

Departamento 4: superficie 317,00 m planta baixa.

Departamento 5: superficie 313,65 m planta baixa.

4.- Servizos.
O viveiro de empresas xestionarase directamente a través do Concello, cos seus propios medios, asumindo os resultados da explotación do mesmo. Ofreceranse os seguintes servizos:

-

Asesoramento empresarial a través dos Servizos de Emprego do Concello.
Tutelaxe dos proxectos acollidos, facendo orientacións en materia fiscal e laboral en relación cos proxectos de referencia.

5.-Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios/as os/as emprendedores, ben sexan autónomos/as ou empresas que cumpran os seguintes requisitos:

Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2020 30/01/2020
29/01/2020 08:00:00
14:20:34

Ten por obxecto o presente regulamento establecer o funcionamento do viveiro de empresas do Concello de Paradela, regulando o procedemento de adxudicación de espazos, así como as relacións entre os cesionarios do espazo e o órgano de xestión e as normas de réxime interno.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/01/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/01/2020

Page count15

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions